Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Nesta Semana da Paz témosvos preparada unha sorpresa para tod@s. Dous compañeir@s do ceip Belesar prepararon unhas poesías dos países onde pertencen parte da súa familia. Son poemas que falan de liberdade, de esperanza e amizade. Unai, de 3º ,elexiu un poema na lingua vasca " Txoria Txori” de Mikel Laboa, recentemente falecido. Noa, de 6º recita para nós unha poesia alemana que foi convertida nunha famosa cantiga por Joan Báez. Estes recitados formarán parte a partir de hoxe dun EScolma Poética de vários centros escolares que se publicarán o Dia da Paz e Non violencia ( DENIP)
       O venres xuntámonos todos no patio interior para cantar as cancións: "No dudaría"(Antonio Flores) e "No mundo" (Luar na lubre).Tamén expresamos os nosos desexos de paz mediante mensaxes creados a partir da fórmula: "Non dubidaría en ..."
       No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos:


story | by Dr. Radut