Skip to Content

Música

Taller de música electrónica!

Durante esta semana no cole poderedes escoller de entre moitas das cancións compostas polo alumnado e votar pola que máis vos guste! Para realizar a votación deberemos escoitar as cancións propostas para o concurso, todas elas creadas polo alumnado do centro, e votar pola que máis nos guste.
Soamente votaremos unha vez, outorgando 1 voto a nosa canción favorita, das que se presentan na listaxe seguinte.

(Para facelo, abriremos o enlace picando enriba de cada un, e unha vez escoitada a canción premeremos na icona do corazón que aparece debaixo do vídeo, na marxe dereita).
O prazo para votar será dunha semana, o día xoves 12 de maio como data límite.

Tedes dispoñíbel o documento con todos os enlaces de maneira adxunta nesta publicación.

 

 

 

1- Albóndigas

 

 

2- Ritmo

 

 

3- Iberiacompetenciaaireuropa

 

 

4- Aspas

 

 

5- Lo más molón

 

 

6- Como están

 

 

7- La historia del rap

 

 

8- Reggaeton

 

 

9- Jazz

 

 

10- Rap rústico

 

 

11- El momento

 

 

12- Ritmo

 

 

13- Galáctico

 

 

 

COPLAS DO MECO; ENTROIDO 2022

Compartimos a canción que desta volta creamos no centro para as afamadas "Coplas do Meco", un proxecto no que participou todo o alumnado do cole (infantil e primaria) copoñendo a letra da canción e dándolle o estilo que a ocasión require... a ritmo de hip-hop!

Agardamos que disfrutedes moito con esta creación musical, e se desexades podedes descargala para cantala unha e outra vez no epígrafe de documentos adxuntos!

 

20F- Día Mundial da Xustiza Social

Este é o audioconto que elaboraron os nenos e nenas de 2º de primaria. Unha adaptación da obra "Facundo" de Carmen Gil Martínez na que o alumnado da voz as distintas personaxes que se suceden no conto.

 

 

Canción de Entroido 2021- CEIP Barrantes

Esta é a videomontaxe coa canción de Entroido, e as "coplas do meco" que este ano se cantaron a ritmo de samba! Agardamos que vos guste!

 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2020 !

Chegadas estas datas toca festexar o fin de curso, se ben é certo que a maioría de nos temos sentimentos encontrados por mor desta última etapa escolar tan atípica que nos tocou vivir. Queremos comezar esta nova normalidade cun pequeno agasallo que de seguro que a máis de un/unha lle provoca un fermoso sorriso! Agardamos con ilusión que veñan tempos mellores e poidamos celebralo tod@s xunt@s no cole como acostumábamos a facer... mentres tanto disfrutade coa vídeo-montaxe tan chula que traemos para vos! Moitas grazas por facelo posíbel e vémonos a volta.

Coidadevos moito!!

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 Podedes visualizar ou ben descargar o vídeo nos seguintes enlaces:

OBRADOIRO DE DOBLAXE (EDUCACIÓN MUSICAL)

Bo día a tod@s! Hoxe queremos compartir con vos o fantástico traballo que realizaron os alumnos e alumnas do centro na tarefa da pasada semana en Educación Musical. Dímoslle voz a unha secuencia animada da que seguro que recoñecedes os personaxes! Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración! Agardamos que vos guste e pasedes un bo rato; paga a pena escoitalo :)

 

 
Se tedes dificultades para visualizar o vídeo. podédelo descargar clicando no seguinte enlace:

POEMA MUSICAL LETRAS GALEGAS 2020

Bo día a tod@s! Nesta data tan sinalada, queremos compartir con vos o traballo que fixo o alumnado do cole para festexar o Día das Letras Galegas. Trátase dun poema musical que toma a letra dunha cantiga de berce escrita por Ricardo Carvalho Calero, na súa obra "O Fillo". Iso sí, cada quen escolle o ritmo e a maneira de contalo... xa veredes!

Agardamos que vos guste, e moitas gracias a tod@s por participar unha vez máis!

 

EMOCIONARIO EDUCACIÓN MUSICAL

De seguido podedes atopar o vídeo que se realizou con todas as imaxes que foron aportadas polo alumnado dos diferentes cursos do centro, para a tarefa de Educación Musical da semana pasada, o EMOCIONARIO. Moitas gracias a tod@s pola vosa iniciativa e participación; esperamos que vos guste !

 

VÍDEO RECOPILATORIO DE MÚSICA (Semana 1)

De seguido podedes botarlle un ollo ó vídeo que se fixo grazas a todas as pequenas aportacións dos diferentes cursos do centro, ao longo da pasada semana na disciplina de Educación Musical. Agardamos que pasedes un bo rato, e convidámosvos a non deixar de mandar máis vídeos na propostas que irán chegando!

Podedes acceder tamén a través do seguinte enlace:

VÍDEO

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN MUSICAL 3º TRIMESTRE

Bo día a tod@s! Para este terceiro trimestre, modificaremos a forma de publicar as actividades da materia, coa finalidade de facilitar as familias a procura de información. Deste xeito, o alumnado de cada curso será informado semanalmente das tarefas de Educación Musical mediante o seu mestre titor, empregando as canles que xa se adoitaban usar neste senso. O obxectivo é evitar a consulta de información en múltiples plataformas e unificar así o plan de traballo. 

Educación Primaria:

  • Os cursos de  e 4º recibirán as novas da man do seu mestre titor.
  • Os cursos de  e  empregarán a plataforma EDIXGAL, con comunicación directa co mestre de música a través da materia de Educación Musical.

Educación Infantil:

  • Os cursos de educación infantil recibirán as novas da man da súa mestra titora. 

O formato das tarefas será online, empregando a aplicación de cuestionarios de Google ("Google Forms"), que poderedes complementar e enviar de forma sinxela empregando calquera tipo de dispositivo electrónico con conexión a internet (tablet, móbil, ordenador,etc). En cada actividade teredes unha descripción da mesma coas súas instruccións.

De todos modos podedes realizar calqueira dúbida ou consulta no enderezo de correo ivansuarezprada@edu.xunta.es e tenterei responder o máis pronto posíbel.

Graciñas!

Distribuir contido


by Dr. Radut