Este ano tivemos un Samaín cargadiño de actividades: obradoiro e concurso de cabazas, xincana, magosto, contacontos... Ata degustamos un menú terrorífico no comedor!
A continuación, un resumo fotográfico das actividades levadas a cabo na celebración.
OBRADOIRO DE CABAZAS
CONCURSO DE CABAZAS
Premio EI
Premio 1°/2°
Premio 3°/4°
Premio 5°/6°
Tomar a decisión foi moi difícil, pois todas as cabazas estaban xenial, así que a participación e o traballo realizado foron recoñecidos cun diploma a todas as nenas e nenos do colexio.
XINCANA
CONTACONTOS (COÑECENDO Á MEIGA XESTA)
MENÚ TERRORÍFICO
Faltan as fotos do Magosto, pero cando nos decatamos xa estaban todas as castañas papadiñas... Que ricas!
Feliz outono a todas/os!