Se pasastes polo cole últimamente seguro que o notastes algo cambiado... claro! vestímolo de negro, decorámolo con morcegos, arañas, bruxas, pantasmas, cabazas, castañas... Vos preguntaredes porqué... Pois porque é tempo de celebrar o Samaín e o Magosto e xa sabedes que nos gustan moito os festexos! Mirade ata que punto que incluso a biblioteca se convertiu nunha verdadeira cova do terror na que puidemos ler libros de medo!! (bueno, soamente os e as máis valentes)
Pois o conto é que non paramos en todo o día... monstros, bruxas, esqueletos e vampiros en todos os recunchos!! Non vexades que fame de traían... Quen ía pensar que a estas terroríficas criaturas lles gustaran tanto as castañas!!
Xa coa barriguiña chea, os nosos pequenos monstros que participaron no multitudinario concurso de tallado de cabazas, por fin descubriron aos gañadores e gañadoras!! Todos foron agasallados cun diploma e unha pequena cabaza comestible, pero non podemos deixar de mencionar aos gañadores absolutos deste concurso... Parabéns Iago, Víctor e Irene!!
Pero... podedes crer que aínda tiñan fame!!?? Pois si! Non nos quedou máis remedio que ir xantar o esperadísimo menú terrorífico. Aquí vos deixo unha pequena mostra, advertíndovos de que só era válido para estómagos a proba de booooomba!
E xa para rematar o día fomos un pouco ao pavillón. Cuns monitores de excepción, xogamos a carreiras de sacos, ao pantasma cego, a andar en zancos... un cansazo que non vos podedes nin imaxinar!