Skip to Content

GRANXA ESCOLA BELELLE

O xoves día 31 de maio de 2012 os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria visitamos a Granxa Escola Belelle de Neda. Alí realizamos varios obradoiros:

* Elaboración de pan. Fixemos un boliño de pan moi rico con auga, fariña, sal e fermento.

* Plantación. Plantamos un "guisante" que logo levamos para coidar na casa.

* Aves. Vimos ovos de parrulos e outros moi grandes, de avestruz. Tamén vimos pitiños, unha oca e botamos pan aos parrulos.

* Mamíferos. Ademais dos dous cans que nos recibiron ao chegar había canguros, a vaca, o dromedario Pipo, o burro, cabras, coellos, porcos e monos. A algúns démoslles de comer.

* Coidado dos ponis. Había dous ponis, Fleki e León. A León estivémolo cepillando.

* Paseo nos ponis. Todos montamos no poni Fleki e demos un pequeno paseo

Quedamos con moitas ganas de volver outro día!!!

Se premedes na imaxe que vai a continuación poderedes ver máis fotos deste día.

  



page | by Dr. Radut