O CEIP da Barqueira-Cerdido está situado no lugar do Alto dos Carrís, Concello de Cerdido, parroquia de A Barqueira.
O municipio de Cerdido está formado polas parroquias de Cerdido, A Barqueira e Os Casás, está situado na parte norte da provincia de A Coruña, entre Ferrol e Estaca de Bares.
Todas as súas terras son interiores. Limita ao norte con Cedeira; ao sur con As Somozas e Moeche; ao oeste con Valdoviño e ao leste con Ortigueira.
DIRECCIÓN: Felgosas s/n - 15569 - A Barqueira - CERDIDO
TELÉFONO: 881930105/ 881930103
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.barqueira@edu.xunta.es