Skip to Content

ESFOLLA NO COLEXIO

O pasado día 26, no patio do noso colexio todos os nenos e nenas parciparon nunha esfollada que foi posible organizar grazas á colaboración de Chente dos Abruñeiros e a súa dona Estrella; con moita amabilidade regalaronos as espigas de millo para que todo o alumnado poidese coñecer o xeito en que  se levaba a cabo fai anos a esfollada, ou esfolla como dicimos aquí en Cerdido.


Primeiro realizáronse traballos nas aulas para buscar información sobre  todo o relacionado coa colleita do millo; a continuación, todos xuntos no patio recordamos e puxemos en  práctica todo o aprendido. Cada neno puido coller a súa espiga, esfollala e gardala para logo levar a cabo na clase traballos manuais  con ela.


Non só nos divertimos senón que poidemos aprender moito sobre este traballo que está practicamente esquecido entre os máis novos que xa non viviron a época en que esta actividade era unha verdadeira festa para todos os veciños que se reunian ás noites para esfollar e ó mesmo tempo parolar, rir e en resumidas contas divertirse nuns tempos en que  a televisión non era habitual nos fogares de Cerdido.


Pódense ver nas imaxes os traballos que realizaron os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria.


 



page | by Dr. Radut