Skip to Content

Lectura Trouleira Nais: Decembro e a visita de Belen Moreno

O pasado luns tivemos reunión do club de lectura e veu cargadiña, cunha visita moi especial. 

Belen Moreno, a autora do libro deste mes: "La habitación de atrás", tivo o fermoso xesto de vir visitarnos desde Segovia , e pasar con nos toda a sesión, falando do seu libro e compartindo un café con nos. 

O libro tivo moi boa acollida por parte das participantes, ten un pouquiño de misterio e temática relacionada coa violencia de xénero. A autora falounos moitos sobre isto, analizando un pouco aos diferentes personaxes masculinos, xa que todos eles representan dalgunha forma un tipo diferente de maltrato, representando diferentes realidades, que, non sendo as habituais ou máis visibles, tamén supoñen violencia hacia a muller. "Cuando se cierra la puerta de una casa, no sabemos lo que pasa dentro, por desgracia a veces deberíamos entrar en las casas y avergiüar qué es lo que pasa". 

Belén que é de Madrid vive en Segovia, e falounos moito de San Rafael e da casa que inspirou a portada do libro, tamén contestou moito das nosas preguntas. 

Foi unha reunión do máis agradable e estamos moi agradecidas por esta experiencia. 

GRACIAS POR TODO BELÉN, VOLVE SEMPRE QUE QUIERAS!

 



blog | by Dr. Radut