Skip to Content

OS RETOS DO TRASNO!!!

Estimadas familias:

Presentámosvos unha nova actividade, o concurso OS RETOS DO TRASNO!

Dividiremos a todo o alumnado en oito equipos, cada un estará representado por unha das mascotas da Biblioteca do cole (Meiga Xesta; Meiga Hedra; Maruxa, a Curuxa; Moncho, o Moucho; Xaquín, o Xabarín; o Raposo Xurxo e Uxía e Uxío, os Irmáns Esquíos).

As nosas mascotas presentaránvos quincenalmente unha proba no taboleiro da entrada. Os nenos e nenas (e nalgún caso igual ata as familias) terán que ir facendo os retos.

Por cada un conseguido, o equipo ao que se pertenza gañará un punto.

MOITA SORTE A TODOS E A TODAS

 



book | by Dr. Radut