O alumnado de Educación Primaria fixo uns adornos para regalar aos usuarios do Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira. Asemade, eles tamén regalaron aos nenos e nenas unhas preciosas bolas para as súas árbores! Moitas grazas!
A lá empregada neste traballo é de orixe nacional e puramente natural, elaborada de xeito sostible e respectando o medio ambiente, como parte do contrato-programa no que está inmerso o centro, de edu-sostibilidade.