ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DA BARQUEIRA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020-2021.
As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección do centro, descargando e cubrindo o impreso que se adxunta.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2020.
Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SOLICITUDE PERSOA COLABORADORA DO COMEDOR ESCOLAR.pdf | 82.4 KB |