Skip to Content

Blogues

Lectura Trouleira: Comentando os Pazos de Ulloa

Como sempre, comezamos a conversa cun café quentiño e unha larpeirada, esta vez un riquísimo bizcocho que fixo Susana. 

A nosa derradeira lectura foron os Pazos de Ulloa, da autora Emilia Pardo Bazán. Algunhas nais nos comentaban que non tiveron tempo de acabala. En xeral, todas coincidimos en que ao principio resulta un pouco díficil adaptarse á forma de escribir da autora, á linguaxe e ao vocabulario. Máis en canto imos pasando as páxinas, ímonos acostumando á redacción e cada vez resulta máis ameno de ler (aínda que algunha que outra palabra teñamos que buscala no dicionario). 

En xeral, as opinións foron boas, coincidindo en que é moi boa lectura e narra unha historia bonita, aínda que aparezan situacións que hoxe en día nos parecen impensables e arcaicas. 

Carolina comenta que lle encantou a personaxe de Perucho e a súa relación coa pequena. A verdade e que é unha historia moi tenra, e Perucho unha personaxe que se presta a ser querida. Sonia (quen tamén nos comentou que non lle gustara moito o libro) coincide con ela en que Perucho é a millor personaxe, e menciona a escena na que esconde a pequena para alonxala do perigo. 

Por outra banda, case na totalidade coincidimos en que a peor parte foi na que se narra todo o proceso das eleccións e votacións, por ser máis densa e menos descriptiva. Aínda que coincidimos en que o final que tivo Primitivo foi moi bo, e que era o que se merecía. 

Ademais das conversas que tivemos na reunión, gustaríanos facer unha mención especial as nais que non puideron asistir pero que nos enviaron as súas opinións sobre a lectura. Raquel di que lle parece unha obra atrevida pola súa temática, tendo en conta a época na que foi escrito. Por iso mismo, cree que é digna de admirir e que a autora amosa valentía e loita por parte dunha muller escritora á hora de poñer de manifesto temas tabú. Por outra banda, Sonia nos comenta que aínda que de primeiras non sería un libro que escollería, levouse unha grata sorpresa.

 Tamén falamos un pouquiño da segunda parte da novela: La madre naturaleza. Algunhas das nais xa a leron e outras están por facelo. Aínda que non tan boa como a primeira, merece a pena esta continuación. Así que si alguén por aquí leeu os Pazos e non coñecía desta segunda parte, xa sabe ;)

E unha vez terminada a tertulia, pasamos a presentar a nosa próxima lectura. Esta vez, eliximos a autora Jane Austen, pola súa relevancia como autora muller na literatura universal. Austen é sinxela, cotidiana, natural e irónica. Reflexiona sobre o amor, as clases sociais e os placeres de vida dunha forma divertida e amena, sen deixar a oportunidade de meter sutilmente polo medio pinceladas de crítica a través do humor. 

Grazas a que nos concederon orzamento para o club de lectura, fixémonos coa colección completa desta autora, que pasará a formar parte dos fondos da biblio. Desta forma, puidemos ofrecer exemplares as nais participantes, e cada unha elixiu a novela que lle chamou a atención. A idea é que na próxima reunión, falemos cada unha da súa lectura, e busquemos puntos en común e diferenzas nas nosas lecturas. 

Agardamos que desfruten moito das lecturas. E recordamos a calquera persoa que nos lea que está máis que convidada a acercarse as reunións (deixamos ao final do artigo o pdf coa presentación de Jane Austen e os libros podemos prestalos na biblio) e desfrutar tanto das conversas como das larpeiradas. Estamos desexando ver que nos trae a próxima nai á que lle toca!!

E se alguen é fan de Jane Austen e quere enviarnos os seus pensamentos, tamén estaremos encantadas de recibir esa mensaxe. 

Boa noite trouleiras e trouleiros. 

Lectura Trouleira

Benvidas e benvidos ao noso primeiro post do Club de Lectura Trouleira. Este curso escolar, decidimos iniciar dous clubes de lectura, un para o alumnado de 5º e 6º do centro e outro para as familias.

A nosa idea e ir publicando o seguimento das reunións nas que comentaremos as nosas opinións sobre as lecturas feitas. Asemade, adxuntamos neste post as presentacións e análises das lecturas propostas. 

Polo de agora, comezamos o club infantil co libro de Percy Jackson, de Rick Riordan. Na primeira reunión, presentamos a temática do libro e comezamos a súa lectura acompañados e acompañadas dun chocolate con churros.

Presentación

 

A verdade e que tivo moi boa acollida (aínda que non sabíamos se o entusiasmo debíase máis á lectura proposta ou a merenda). Na segunda reunión, compartimos opinións sobre a lectura e  en xeral, quedamos cun bo sabor de boca. A lectura resoltou divertida e apasionante. Gustaron moito personaxes coma Grover (polo seu gracioso carácter) ou Anabeth (que destaca pola súa intelixencia). En canto a escenas favoritas, destacou especialmente un divertido momento no que Percy fai saltar a auga dos retretes contra a súa abusadora. A seguinte lectura é en galego: Endrina e o segredo do peregrino, de Concha López Narvaez. O libro xira entorno ao camiño de Santiago, o que nos ven moi ben para aprender sobre o mesmo de cara ao proxecto que estamos a realizar no cole. Estamos desexando coñecer as valoracións dos nosos lectores e lectoras na seguinte reunión.

 

En canto ao club das familias, estamos contentas de contar cunhas cantas nais trouleiras e mais unha antiga exalumna do centro. Na primeira reunión agasallámos ás participantes cun exemplar do Principiño, sendo esta a nosa primeira lectura. Tamén tivemos unha presentación na que falamos das interpretacións dos diferentes personaxes. Na segunda reunión, nos atopamos con opinións moi diversas: algunhas nais como Sonia ou Carmen comentaban que se lles fixo un pouco lioso, Raquel opina que non lle parece unha lectura infantil e que ao leélo de adulta atopa moito máis transfondo. Susana desfrutou moito a lectura e coincide con Carolina e Sonia en que é importante facer a lectura coñecendo previamente as diferentes analoxías para poder desfrutálo máis.

 

Na variedade de opinión atopamos a riqueza. A seguinte lectura será Os Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. Este clásico retrata a cara máis escura do feudalismo galego e cremos que vai dar pé a outra agradable reunión.

 

Dende o colexio estamos moi contentas e contentos con esta iniciativa e coa súa acollida e agardamos seguir desfrutando destes momentos tanto cos nenos e nenas como coas familias. Invitamos a toda persoa que desexe participar a unirse a nós ou tamén a realizar as lecturas pola súa conta e comentarnos se quere a súa opinión.

 

Ata a próxima!

 

ACTIVIDADES DE REPASO!

RisaVelaquí tedes algunhas das actividades de repaso que estivemos a facer estes días! Risa

NOVOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIO DA BARQUEIRA!

Este ano comezamos unha nova andadura na biblio con novos voluntarios e voluntarias! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut