Magosto - Samaín
Samagostín 2016!
Posted Outubro 27th, 2016 by ines.sanchezO vindeiro xoves 3 de novembro celebraremos o noso Samagostín e todo o cole está preparado para a festa.
Pinchade na imaxe para ver a montaxe!
O Samagostín retira os balóns do patio.
Dende hai moitos anos xogamos no día do magosto e en clase de educación física ao xogo tradicional, pero nunca adicaramos tantos recreos. Por primeira vez o alumnado do cole poderá vivenciar no recreo unha chea de xogos tradicionais. Esta actividade durará uns 15 días e ten como obxecto divulgar as manifestacións lúdicas do noso patrimonio inmaterial e impulsar as tradicións dende un punto de vista didáctico e interxeracional. Presidido, como acontece dende hai 36 anos en Balaídos, polo xogo rei: O TROMPO.
Achégase o Samagostín!!
O próximo xoves 3 de novembro celebraremos o noso SAMAGOSTÍN. Este ano as portas das nosas aulas serán do máis arrepiante!! Os actos serán presididos por dúas castañas chamadas Hermenexilda e Casilda. As familias colaborarán este ano facendo unha caixa porta castañas terrorífica! Nos próximos días iremos dando máis información sobre estas e outras tarefas que terán lugar.
Celebramos o Samagostín!!
Aínda que o tempo non acompañou moito, hoxe celebramos o Samagostín. Un montón de monstruos encheron o cole e comeron castañas quentiñas.
Chegou o Samaín.
Achégase o final de outubro e como cada ano o CEIP Balaídos convértese na morada de esqueletos, morcegos, teas de arañas e demáis criaturas terroríficas para celebrar a tradición celta do Samaín. Esta festa xurdíu en outubro-novembro para celebrar o ano novo celta e o inicio da metade escura do ano. Durante estes días a escuridade farase dona do noso cole, pero sempre dende un enfoque divertido e motivante.
Celebrando o Samain
ACTIVIDADES PARA O |
Propostas do CEIP Pintor Laxeiro |
Propostas do CEIP Frian-Teis |
s nosas propostas |
|
Pintar halloween | |
Casa de Terror | |
Gasparin | |
XOGOS INTERACTIVOS Para saber sobre a orixe do Magosto: en Galicia espallada Xogo LIM sobre outono e Samaín Xogo LIM sobre o outono do CEIP de Pazos Xogo LIM A castañeira de Ana Martínez Rey Xogo Jclic sobre o outono do CRA Vía da Plata (Cáceres)
|