EMOCIOMARTES: COMUNICACIÓN ASERTIVA

Na semana do 29 de abril celebramos un novo emociomartes no centro. Nesta ocasión a sesión xirou entorno aos tipos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva.

Despois de explicar cales son as características de cada un dos tipos de comunicación, levamos a cabo a dramatización de situacións cotiás no  cole, nas que os seus personaxes empregarían diferentes tipos de comunicación para enfrontarse a ela. Os compañeiros e compañeiras terían, entón, que identificar a comunicación empregada por cada un deles.

Finalmente, despois de reflexionar, cada un dos nosos alumnos colocouse detrás da comunicación coa que se comunica e que pode facer para cambiar.

Os maiores, que xa traballaran o ano pasado este aspecto, realizou un test para ver o seu grado de asertividade.

 

REFLEXIÓN: TODOS TEMOS DEREITO A SER TRATADOS CON XUSTIZA E DEFENDER OS NOSOS DEREITOS DE MANEIRA ASERTIVA. NINGUÉN TEN DEREITO A FACERNOS DANO E TODOS TEMOS O DEBER DE CONTROLAR AS NOSAS EMOCIÓNS.

Back to top