EMOCIOMARTES: A EMPATÍA

O martes 2 de abril tivemos un novo Emociomartes no cole. Nesta ocasión traballamos a "Empatía" con diferentes actividades adaptadas aos diferentes niveis educativos.

A empatía é a capacidade de entender os pensamentos e emocións dos outros, compartir os seus sentimentos. É situarse no lugar da outra persoa, comprender o que sinte nese intre. Para iso, é necesario observar a expresión facial do outro para poder entender a súa emoción e poder acompañalo.

A primeira actividade que realizou o noso alumnado foi adiviñar a emoción que sinte outra persoa a través da súa expresión facial.

Despois o alumnado de Educación Infantil xogou á "Oca emocional" facendo un repaso de todas as emocións traballadas.

O alumnado de Educación Primaria aprendeu a diferenciar a "escoita simpática" e a "escoita empática" e identificala co visionado dunha escena da película "Del Revés".

Os cursos dende 1º a 4º de Educación Primaria completaron unhas premisas, de maneira persoal, para posteriormente intercambiar o papel e os zapatos co seu compañeiro/a para ler o que escribiu, póndose no seu lugar e empatizando con él/ela.

Os maiores do cole, 5º e 6º de Educación Primaria, deron un pasiño máis e levaron a cabo unha dinámica sobre o abuso escolar. Tiñan tres siluetas humanas e a cada neno déronse catro tiras de papel para pegar nas distintas siluetas.  Na tira 1 escribirán como cren que se sinte a víctima do abuso; na tira 2 como se sinte e pensa o agresor para actuar así; na tira 3 porque cren que tratan así a este neno e non a outro e na tira 4 que cren que poden facer cada un dos testigos mudos. Finalmente, faise un respaso do escrito en cada silueta e unha reflexión final.

 

No vídeo recóllese diferentes momentos das sesións nas distintas aulas: 

 

Back to top