Como xa fai nove anos cada fin de curso, o pasado20 de xuño, fixemos entrega aos participantes e aos gañadores do IX concurso de Relatos Curtos do CEIP Baíñas.
Foi o ano con máis participación con preto dun 99%. Todo un récord!
Este certame, consistía en presentar un texto que tratase sobre algún tema da nosa contorna. Houbo un gran nivel, pero finalmente os gañadores foron...
O venres día 9 de maio, tivemos conosco a Aparicio, mestre oleiro de Buño, famosa localidade da Costa da Morte, por ser unha das vilas mais famosas que traballou sempre, e ainda traballa, este oficio artesán e trata de que non se perda.
Por este motivo tivemos uns obradoiros con el. Fixemos varias pezas de barro e ensinounos como debemos traballalo.
Xa tiñamos algunha experiencia posto que fai dous anos visitamos o Ecomuseo da Olería desa localidade.
Relacionado co noso proxecto de coñecemento da nosa contorna, o pasado xoves 30 de maio de 2024, visitamos por primeira vez, logo de moitos anos a industria mineira máis próxima ao noso Centro, xa que apenas está a catro kilómetros de distancia do noso Centro.
Fomos recibidos por Cecilia, a directora da mina e o seus compañeiros. Tamén nos agardaba Mónica, a alcaldesa de Vimianzo.
Como vedes foi unha gran benvida!!
Pero o mellor estaba por vir. Primeiramente tivemos unha charla informativa sobre a mina, a extracción do caolín e os uso na industria ( na construcción, na cosmética,...). Seguidamente, puxemos o traxe de mineiro e visitamos a mina, onde observamos como extraían o mineral e o cargaban nos lagartos (camións). De volta ás instalacións fixemos manualidades con caolín e por último, como nos ensinaron, plantamos vinte árbores autóctonas para repoblar o monte que antes fora unha das canteiras onde se extraía o mineral. Pois quedounos claro que temos que ter un desenvolvemento sostible e explotar os recursos pero deixar logo o noso medio ambiente igual ou incluso mellor do que estaba.
Non queremos esquecernos de dar as grazas a Cecilia e a todo o personal encargado da explotación que nos atenderon de marabilla e ainda por riba viñemos cargados de agasallos!
Para estrenar as saídas do mes de maio estrenámonos na praia de Arou facendo surf. E xa que tiñamos experiencia do curso pasado, esta vez saiunos a todos moito mellor!
Esta actividade estivo dirixida a Ed. Primaria e os cursos de 1º, 2º e 3º foron o luns día 7 de maio e os de 4º,5º e 6º curso foron o martes día 8.
Pero como saberedes, non só aprendemos surf, se non que aprendemos a respectar as nosas costas erecollemos lixo e peles, que por desgracia este ano chegaron a moreas!
Ademais, tamén aprendemos a escoitar o que o mar nos decía...e así aprendersobre as correntes, as mareas, cando son as mellores horas para facer surf ou saír ao mar. E por suposto a poñer o traxe de neopreno ou coidar as nosas táboas de surf.
O mécores 15 de maio visitamos a localidade de Camelle, onde en colaboración con distintas asociacións da zona, procedemos á colaborar co medio ambiente coa limpeza da praia.
Foi unha actividade que nos quedara pendente de facer. Ademáis tamén aprobeitamos para visitar algúns museos da localidade coma o "Mar de Fábula", onde había pezas de arte feitas con materiais de refugallo, que aparecían na praia.
Tamén visitamos o museo do Naufraxio onde coñecemos historias de naufraxios que ocorreron na nosas costas.
O venres 5 de maio fixemos unha saída á Coruña para participar no "CORRELINGUA", logo de facer unha andaina dende o Estadio de Riazor á Torre de Hércules, alí xuntamonos varios Centros de ensino de A Coruña e da provincia; onde reivindicamos falar e defender a nosa lingua, lemos varios manifestos, escoitamos tamén á alcaldesa da cidade, que facía entrega dos premios á mellor animación e á mellor "pancarta". Ao final rematamos cun concerto dunha agrupación que cantaba en galego.
Despois de facer unha pausa para xantar nun dos parques ao pé da Torre, fomos visitar a casa do peixes ao Aquario Finisterrae.