Skip to Content

Taboleiro

Guía de lectura verán 2022

Presentamos as nosas recomendacións lectoras para este verán 2022 dende a biblioteca do CEIP Baíñas,

Se non vedes o documento adxunto pinchade aquí. 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-23

O 1 DE MARZO, abreu o prazo de preinscripción correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos no curso académico 2022-23 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 21 de marzo do 2022

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible da presentación.

Poden descargarse os impresos accedendo á sua web dende o 1 de marzo, e tamén estarán a disposición das familias no propio Centro a partir do 3 de marzo.

Ver adxunto.

Atentamente, 

A dirección.

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021

A/A do alumnado e familias:

Aquí están as nosas recomendacións lectoras para este Nadal, agardamos que as disfrutedes!!

Pinchade na imaxe ou no arquivo adxunto para descargar a guía.

Dende o equipo de Biblioteca desexámosvos...FELICES FESTAS!!

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.

Por esta razón, o Departamento de Orientación elaborou un documento con información e actividades para sensibilizar as familias e ao alumnado.

Ademáis podedes visualizar "El cazo de Lorenzo" neste vídeo :https://youtube.com/watch?v=HtqU5QI2OdU&feature=share

 

Animádevos a facelas e construamos un mundo máis inclusivo e solidario!!

Distribuir contido


by Dr. Radut