Skip to Content

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 20-21

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 20 DE MAIO ATA O 19 DE XUÑO

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal). Para a presentación de solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Opcionalmente tamén pode presentarse no centro docente utilizando o formulario ANEXO I, que estará a disposición dos interesados no centro docente, ou poden descargalo dos documentos adxuntos.

Xunto coa solicitude ANEXO I deberá presentarse:

a) ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando os seguintes medios:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

  • Certificado ou volante de convivencia.

  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

 

e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

  • De tódala documentación que se presente deberán achegar fotocopias e os respectivos orixinais para verificar a súa autenticidade.

CORRECCIÓN INSTRUCIÓNS FONDO DE LIBROS 20-21

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020-21, que saíu publicada no DOG o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658: O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Poden accecer aos seguintes documentos adxuntos:

- Fondos

- Orde do 12 de maio

- Anexos I e II

NOTA:

Comunícase ás familias e aquelas persoas interesadas, que o centro estará aberto só para funcións administrativas todos os mércores, en horario de 10 a 13h.

Para calquer consulta ou xestión poderán ser atendidos/as nos seguintes teléfonos de contacto881960012 / 679714199

Se o prefiren, envíen un correo electrónico ao enderezo: ceip.bainas@edu.xunta.es

Atentamente,                                                                                                                  En Baíñas, a 20 de maio de 2020.

 

 A dirección.

 

AdxuntoTamaño
fondo.pdf58.05 KB
Orde 12 de maio 2020.pdf1.2 MB
Anexos I e II.pdf1.63 MB


page | by Dr. Radut