Skip to Content

Marzo 2020

RECOMENDACIÓNS POÉTICAS

RECOMENDACIÓNS POÉTICAS 2020:

     

 

          

SEMANA DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo, celebramos o día mundial da poesía.

Como temos que quedar na casa. Dende a biblioteca, e seguindo as iniciativas voluntarias que tamén propoñen dende outros centros, pedimos ao alumnado e ás familias: papás, mamás, avós, avóas,... do cole de Baíñas que durante a vindeira semana lean poesía. 

Desta maneira, propoñemos que reciten un poema que lles guste ou que sexa de producción propia. 

Como durante este curso temos o proxecto sobre o medio ambiente, pode ser preferiblemente algún poema que trate sobre a natureza ou do cambio climático, pero valen sobre outros temas. Ademáis pedimos que principalmente sexan en galego, aínda que aceptamos que sexa algún en castelán.

A idea sería que enviasen un audio ou vídeo co seu nome e o título do poema ao seguinte enderezo de correo:

ceip.bainas@gmail.com

Animádevos a participar!!

#euquedonacasa. A modo de exemplo podedes escoitar dous poemas nos archivos adxuntos.

Ao mesmo tempo facémosvos unhas recomendacións poéticas en galego:

Son só suxerencias, como agora estamos en estado de alerta, se tendes algún na casa fenomenal, se ides a mercalos a algún kiosko que os teña, tamén, ou se os dades conseguido en formato libro dixital (e-book). Pero non é necesario que os encarguedes físicamente, neste momento temos que ter en conta as prioridades máis básicas e imprescindibles. Ademáis, como xa mencionamos, poden ser de outros libros ou webs que tamén vos gusten e sexan apropiados. Xa os mercaremos cando superemos este virus! 

Calquer dúbida podedesme enviala ao mesmo correo.

Moito ánimo e un saúdo. 

O responsable da biblioteca.

 

 

 

 
 

#EUQUEDONACASA

#euquedonacasa

Dende a biblioteca queremos sumarnos á iniciativa da biblioteca "Carlos Labraña" do CEIP Nicolás del Río (Cedeira) e ao igual que fixeron neste cole,

ofertavos as seguintes propostas para quen desexe seguir cun obradoiro relacionado co coidado do medio ambiente dende a súa casiña.

Algo fácil e motivador: realizar un arco da vella con revistas que peguemos nun papel.

Poñer unha mensaxe positiva, por exemplo: Todo vai saír ben! Cando estea seco, pegalo na ventá da casa.

Outras opción de deseños con reciclados:

Con botellas de plástico

Manualidades diversas

Con diversos materiais

Podedes animar con todos os vosos modelos nas ventás das

casas e se vos apetece, mandar unha foto a través dos seguintes enderezo:

ceip.bainas@gmail.com

 

Tamén vos deixo un enlace á paxina deste cole que colgou un Symbaloo con moitos xogos e actividades: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio/blogdebiblioteca

Aquí van os nosos traballos!!: 

 

XAVI 4º curso

 

 Valeria 4º curso

 

Noa 6º curso

 

Bieito 6º curso

Manualidade de Sarai

 

SEMANA DA PRENSA

Semana da Prensa 2020

Dende os días 7 e 13 de marzo tivo lugar, na edición do ano 2020, a Semana da Prensa. Unha acción vencellada aos medios de comunicación na escola, sobre todo o traballo artellado a través de xornais.  Desta volta, por razóns diversas, non o fixemos puntualmente. Queres ler “primeiras” de todo o mundo? Apetéceche ver televisións doutros países? Un pouco de radio en linguas diferentes? Preme no seguinte enlace e accederás a todo. Goza pois coa información escrita, oral ou visual, unha forma de coñecer a situación actual en todos os recunchos do planeta.

 

Sumámonos a esta gran iniciativa que tivo a biblioteca do IES Xograr de Sarria. Parabéns!!

En canto ao noso proxecto de biblioteca recomendámosvos que busquedes noticias, artigos reportaxes, ... relacionados coa natureza, co coidado do medio ambiente, a reciclaxe ou o cambio climático. Podedes buscar tanto nos seguintes enlaces coma noutros que coñezades.

Podedes compartirlas no correo do colexio: ceip.bainas@gmail.com

Grazas pola vósa colaboración!!!

Televisións

https://www.programme-tv.com/chaine/toutes-les-chaines-television.html

Radios

http://radio.garden/listen/web-pop-radio/OMSR5cqu

Xornais

http://kiosko.net/es/

https://codigocero.com/buscadores/



by Dr. Radut