3º Ciclo

OBRADOIRO DE ARTRÓPODOS

O alumnado de 3º puido gozar o pasado 25 de novembro dun obradoiro de artrópodos por parte do entomólogo Miguel Santamaría. Na reportaxe podemos observar a interacción dos "bichos" coa rapazada. 

 

VISITA A SANTIAGO 2020

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha saída este martes 11 de febreiro a Santiago de Compostela para levar a cabo unha visita guiada ao Parlamento e á Xunta de Galicia, dentro do programa "Coñece as túas institucións".

 

Excursión de 5º a Mañón

O mércores 14 de xuño o alumnado de 5º curso da Solaina fixo un percorrido por Mañón, concello limítrofe coa Mariña luguesa. Primeiro visitaron o faro da punta da Estaca de Bares (o punto máis ao norte da península) e despois a praia e coído de Bares. O día acompañou e á volta houbo que botar un pouquiño de crema aftersun.

  

Plan Navega con Rumbo

O 1 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de EP participou nunha charla-coloquio dirixida por Alberto Botana, persoal membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), dentro do Plan Navega con Rumbo.

Esta inicitiva do CPEIG en colaboración coa Xunta de Galicia pretende, tal e como figura na súa presentación, orientar ao alumnado no Ciberespazo:

  • "iniciativa encamiñada a que vós,@s escolares naveguedes con tino pola Rede"

Esta foi a segunda charla dirixida ao noso alumnado neste curso 2015-2016 relativa a temas de seguridade na Rede e ao uso exeitado das novas tecnoloxías.

As charlas tiveron conclusións finais de interese para todos os presentes.

 

Saída escolar do alumnado de 6º EP a Santiago de Compostela

O pasado martes, 29 de marzo, o alumnado de 6º de educación primaria realizou a súa saída trimestral a Santiago de Compostela co obxectivo de desfrutar da representación teatral  da obra " El principito"do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, a cargo da compañía teatral Eina d´escola, así como visitar o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).

    A xornada comezou no Colexio La Salle; colexio que acollía esta representación teatral no seu salón de actos  para un numeroso grupo de escolas tanto da súa contorna como doutros concellos, como foi no noso caso.

   Tras un breve percorrido polas rúas da cidade e polos arredores do Museo do Pobo Galego e, dado o chuvioso día que nos acompañaba, coñecimos a outra cara da cidade, a zona nova cos seus centros comerciais para, ao mediodía, desprazarnos ao CIFP (Centro Superior de Hostelería de Galicia) para o xantar.

   Xa pola tarde agardounos coas portas abertas o MUPEGA, lugar no que sin dúbida desfrutouse con todo o que os seus monitores amosaron: mapas antigos, xoguetes, pupitres, técnicas de traballo nas aulas, historia coma as das "escolas de ferrado"...

GALERÍA de imaxes.

 

Aviso

Infórmase ás familias do alumnado de 6º de Educación Primaria que a reunión convocada para o martes, 29 de setembro, adíase para o martes, 6 de outubro ás 18.00h.

 

Asociación Down na Solaina

 

Este pasado martes, 19  de maio, a Asociación Teima de Down Ferrol visitou ao alumnado de 5º de Educación Primaria co fin de facelos partícipes dos seus obxectivos: inculcar e favorecer os valores de respecto e concienciación das realidades sociais con características diferentes.

Entre o alumnado deste nivel contamos con  dúas alumnas membros desta Asociación.

Todos fomos coñecedores da orixe desta característica e, como non podía ser menos, sensibilizámonos un pouco máis coa súa circunstancia.

 

Así o vivimos e, así amosa o alumnado os seus novos aprendizaxes.

 

Colaboracións do alumnado.

 

Correlingua 2015

Este 7 de maio, o alumnado de 5º de educación primaria, tal e como ben sendo habitual, participou no Correlingua 2015. Nesta ocasión, foiacompañado dos nenos e nenas de 2º curso. 

O alumnado recibiu con entusiasmo esta noticia e na biblioteca do centro, nos días previos a esta actividade visualizaron o vídeo e leron o libro   Brinca Vai, de Paco Nogueiras (Kalandraka), como preámbulo da experienca que lles agardaba .

 

Premer na imaxe.

 

Distribuir contido