2º Ciclo

Visita á Casa das Ciencias

Tras a visita á Casa das Ciencias do alumnado de 3ºEP, ofrecémosvos o vídeo recopilatorio das actividades desenvolvidas durante a saída.

 

Facemos panettone en 3º

Chega o Nadal e non facemos máis que comer lambetadas. É por iso que as clases de 3º aprenderon a facer o seu propio panettone, tan presente nestes últimos anos nas nosas mesas. 

 

Saída ao Club de Campo de Ferrol

O luns 21 e o mércores 23 de marzo, o alumnado de 3º e 4º realizou unha saída durante a mañá ás instalacións do Club de Campo de Ferrol. O motivo da visita foi un obradoiro da ESCOLA DE TENIS dentro do marco da materia de Educación Física. A rapazada gozou cos técnicos que lles axudaron a iniciarse neste deporte.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 6 de xuño deste curso o alumnado de 3º realizou unha viaxe a Santiago de Compostela. Nun primeiro momento foron ás instalacións de MeteoGalicia (ver rerpotaxe na TVG) e posteriormente ao MUPEGA. Xantaron no Monte da Condesa e na tarde pararon na praia de Miño. Á volta no colexio todo eran caras alegrese de ledicia.

CONVIVENCIA 4º (ÚLTIMO DÍA)

Unha mañá de animais e multixogos no bosque!

Os nenos e nenas alimentaron aos animais e xogaron por grupos con materiais atopados na natureza.

Agora están descansando e nun rato farán xogos populares. Despois da merenda, sobre as 18.00h, sairán de regreso para chegar ao lugar de partida sobre as 19.30.

CONVIVENCIA 4° (1° DÍA)

Esta tarde pasáronno moi ben no rocódromo, na tirolina e na piscina... que ben lles sentou o chapuzón!!

Agora están disfrutando da velada na que participan nun xogo empregando un mapa do contorno.

Estanno pasando xenial!!

CONVIVENCIA 4º (1º DÍA)

O alumnado de 4º pasou unha mañá estupenda e moi divertida. Despois de chegar e instalarse nas habitacións, fixeron unha ruta con GPS polo monte.

Neste momento están comendo! Despois toca facer un pequeno descanso e continuar coas actividades programadas para a tarde.

Saída de 4º a Santiago de Compostela

O martes pasado, 28 de marzo, o alumnado de 4º EP realizou unha saída a Santiago de Compostela. Na capital do país visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia, deron unha volta polas rúas da cidade e finalmente pararon a xantar no comedor Monte da Condesa. Preme no enlace para ver as fotos do día.

Saída de 4º á Coruña

No enlace podes ver as fotos do día 17 de febreiro, na saída á Coruña do alumnado de 4º.

Distribuir contido