XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS

Ao longo da mañá do día 19 de outubro celébrase na Solaina unha Xornada de Primeiros Auxilios organizada, entre outros, pola ANPA e dirixida ao alumnado. As actividades están compostas por uns obradoiros de primeiros auxilios, exposición de vehículos de emerxencia, obradoiro de bombeiros e unhas charlas técnicas por parte do responsable de Transporte da Fundación Publica Urxencias Sanitarias 061 de Galicia e polo responsable do departamento de formacion do Grupo Salutrans. Igualmente contaremos coa visita de diversas personalidades institucionais. 

Dossier de prensa: La Voz de Galicia, Diario de Ferrol.

Galería de imaxes.