XORNADA DE VOLEIBOL.

O martes 28 de abril, o equipo de voleibol Narón volea achegouse co seu adestrador e unha dúcia de xogador@s ata o pavillón escolar para compartir unhas sesións de presentación e práctica de este deporte.

Os alumn@s de 6º curso de primaria tiveron a ocasión de coñecer e practicar este deporte coa axuda dos xogador@s do equipo.Practicaron algunhas técnicas en pequenos grupos para achegarse a esta disciplina deportiva que lles ofrece o clube.

Esta actividade estivo organizada polo equipo do Narón volea xunto cos profesores de Educación Física dentro da programación de este área.O obxectivo é que os alumn@s coñezan e practiquen unha modalidade deportiva máis para mellora-la súa condición física e a súa saúde de xeito divertido.