24 de febreiro: Homenaxe a Rosalía de Castro

  No día de hoxe, 24 de febreiro, as portas da nosa biblioteca estiveron abertas dende primeira hora da mañá para recibir ao alumnado e homenaxear á escritora galega Rosalía de Castro no 178 aniversario do seu nacemento.

  As actividades programadas estiveron destinadas aos diferentes niveis e ciclos.

  Así, o alumnado de 3º e 4º, tras unha presentación da súa figura e dos seus poemas, especialmente de ADIÓS RíOS, ADIÓS  FONTES, cantaron, aprenderon e desfrutaron con eles.  

  Para o alumnado de 5º e 6º, a temática versou sobre a poesía:

EU VIN ESTAR O MOUCHO ENRIBA DAQUEL PENEDO.

Enlaces:I e II

O alumnado de 1º ciclo, participou unha exposición, adaptada á sua idade, na que se lles achegou a figura da escritora de renome universal.