Proceso de admisión de alumnado 2015-2016

A Consellería de  Cultura, Educación e Ordenación universitaria vén de publicar hoxe, mércores, 28 de xaneiro, o Anuncio do inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2015-2016.

  • Enlace á publicación da Consellería.

Neste espazo web publicarase toda a normativa, plazos e todas as novas relativas a este proceso de admisión no noso centro.

Cómpre destacar ata o momento:

  • O alumnado matriculado ten garantida a súa permanencia
  • O alumnado de 6º de educación primaria que vaia continuar os seus estudios de ESO no centro adscrito, IES As Telleiras, presentará no CEIP A Solaina entre o 1 e o 15 de febreiro o Anexo I de reserva de plaza.

                 ANEXO I (castelán)

                 ANEXO I (galego)

  • A reserva, unha vez realizada, ten carácter vinculante, será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa antes de que se inicie o prazo de presentación de solicitudes de admisión.