TENIS DE MESA. ABRIL 2014

Este venres día 4 de abril,varios monitores do clube de tenis de mesa Narón, fixeron unha demostración de este xogo nas instalacións do pavillón escolar da Solaina. Esta actividade forma parte das programadas ao principio de curso para coñecer outros deportes dentro da área de Educación Física.

Os monitores amosaron as súas habilidades nas mesas preparadas ao efecto. Posteriormente, os propios alumnos-as de 3º e de 6º cursos de primaria tentaron emular aos instructores probando as súas habilidades coa pá e a bóla.

Podedes velos en acción nas seguintes imaxes.

 

                                                                                                     Tenis de mesa. Abril 2014