REGULAMENTO DE MINIBASQUET

                                                             

 

O minibasket é un xogo, baseado no baloncesto, para nenos e nenas que teñan menos de 12 anos.O obxectivo de cada equipo é o de introduci-lo balón no cesto do equipo contrario e evitar que o outro equipo teña o control do balón  ou anote, de acordo coas Regras do Xogo.

                                                  

A PISTA.

O terreo de xogo será unha superficie chá e dura, libre de atrancos, cunhas dimensións de  28 m. de longo e 15 m. de ancho.

                   

LIÑAS DE TIROS LIBRES .

As liñas de tiros libres estarán  marcadas a 4,90 metros de lonxitude, paralela á liña de fondo e co seu bordo máis afastado a 4 metros do taboleiro. 

EQUIPOS.

Cada equipo componse de  8 xogadores, incluíndo ao capitán.

 

TEMPO DE XOGO.

O partido componse de catro períodos de 10 minutos cada un, con descansos de dous minutos entre cada tempo.

REGULAMENTO DO XOGO.

Como se xoga o balón?

No  minibasket, o balón  xógase coas mans.

Pode ser pasado, lanzado ou driblado en calquera dirección dentro dos límites das Regras do Xogo.

Son faltas: correr co balón, darlle co pé intencionadamente ou golpealo co puño.

Tocar accidentalmente  o balón co pé ou  coa  perna  non é falta.

Canastra:  Cando se consigue e o seu valor.

Se consigue unha canastra cando un balón vivo entre pola parte superior do cesto e permanece dentro del ou o atravesa.Unha canastra conseguida dende o terreo de xogo vale 2 puntos e unha canastra de tiro libre,1 punto.

Despois de unha canastra dende o terreo de xogo ou do  último tiro libre convertido os opoñentes reanudarán o xogo cun saque dende calquera lugar da liña de fondo, que fará  nun máximo de cinco segundos.

                                        

 

FALTAS PERSOAIS.

FALTAS

Unha falta é unha infracción das Regras que implica un contacto persoal con un adversario ou un comportamento antideportivo.

TIROS LIBRES

Un tiro libre é un privilexio que se concede a un xogador e que consiste en marcar un punto por tiro á cesta dende unha posición detrás da liña de tiros libres e dentro do semicírculo.

O tiro libre é executado polo xogador ao cal se lle ten cometido a falta.