XORNADA DE BALONMÁN

O pasado xoves 13 de xuño tivemos a visita de tres monitores do clube de balonmán de Narón que nos amosaron algunhas técnicas e tácticas de este deporte. Foron distribuidos en grupos por cursos dende 4º ate 6º para face-las prácticas na nova pista polideportiva do pavillón escolar durante uns 50 minutos cada sesión.

Así os alumnos-as poideron coñecer unha actividade deportiva que ate o de agora non podiamos practicar no colexio por falta de instalacións.

Agora xa coñecen os fundamentos do balonmán e poderán seguir practicando tanto no colexio como nos adestramentos do clube balonmán de Narón se o desexan no polideportivo da Gándara. Aquí podedes ver unhas imaxes de esta xornada.