Un magosto pasado por... música

Mañá, venres 9 de novembro, é un dos días grandes do colexio porque traemos ás aulas unha das festas por excelencia no noso calendario escolar: o magosto. 

Haberá, como é tradición, degustación de castañas asadas. Pero temos moito máis, pois dende as 11.00 ata as 14.00 horas o programa de actividades que se levarán a cabo no centro inclúe unha serie de obradoiros  nos que o protagonista principal será a castaña. Así, o alumnado pasará de xeito rotativo pro todos eles: baleirarán cabazas, decorarán viseiras, encestarán, visualizarán un vídeo dun antigo alumno, o que máis os impresiona: O TUNEL DO MEDO!… ata a proposta estrela para esta edición do magosto: a canción preparada en E. Musical...
na que levan ensaiando tanto os máis novos coma os que casi rematan no cole!

 Aquí vos deixamos a letra por si queredes repasar!

Imaxes representativas do día.