Actividade 6 - Antivirus
Imos falar un pouco dos programas antivirus.
Debido á existencia dos virus informáticos (eses pequenos programas que nos poden estropear datos que tiñamos gardados, ou partes do noso ordenador, coma os discos duros), necesitamos protexernos con programas antivirus.
Temos que ter unhas poucas cousas claras sobre isto:
- Necesitamos ter un programa antivirus instalado no noso ordenador, e non temos por que pagar por el, xa que moitas empresas, aínda que os teñen de pago, teñen tamén versións gratuítas (chamadas "free").
- O antivirus necesita ter conexión a internet para poder actualizarse el só, ou ben nós manualmente, porque se non está actualizado non recoñecerá aos novos virus que poidan entrar no noso ordenador.
- Temos que analizar frecuentemente o noso ordenador en busca de virus, ben configurando o antivirus automáticamente ou nós manualmente cando queiramos.
- Temos que analizar calqueira cousa que metamos no noso ordenador, coma discos duros, memorias USB... e isto é moi importante, porque a maioría dos virus entran ao noso ordenador por esta vía.
- Como regra xeral, eliminaremos calqueira correo electrónico que resulte sospeitoso, con direccións ou asuntos que non coñezamos, e se están noutro idioma ou en castelán, pero mal redactados. Vía e-mail tamén entran moitos virus.
A actividade 6 consiste en que poñades o voso antivirus a actualizar, e logo analicedes o voso equipo; cando este analizando en busca de virus, facédeme unha captura de pantalla que me enviaredes dentro dun Word.