Actividade 5 - Mantendo limpo o ordenador

1- EXPLICACIÓN:

 

Imos ver unha forma de manter limpo o noso ordenador, como se fose a nosa habitación, para telo todo ordeado e que non vaia tan lento.

Iso de que un ordenador vaia rápido... nunca son o bastante, por novos e caros que sexan, pero si que podemos facer algunhas cousiñas para optimizalos, ou que vaian todo o rápido que poidan.

Por exemplo, podemos desinstalar aqueles programas que non utilizamos desde hai moito tempo e non temos previsto utilizalos, sempre e cando tiñamos o CD para volver a instalalos cando se precisen.

Tamén é aconsellable borrar todos os arquivos que non sirvan para nada, baleirando o disco duro, e deixándolle sempre polo menos 10 Gigas libres se temos un Windows XP instalado, e uns poucos máis se temos o Windows Vista ou o Windows 7.

Pero o que estamos a tratar aquí é como ordear o noso disco duro.

Primeiro: por que o facemos?

O ordenador escribe no disco duro de dentro para fóra, coma se grabásemos un CD. Ás veces borramos arquivos e desinstalamos programas, deixando ocos libres polo medio do disco duro. Como o ordenador escribe de dentro para fóra, comeza desde o primeiro oco baleiro, e cando o enche vai ao seguinte, e así, ata que acaba de escribir (escribir pode ser instalar un programa, unha actualización, meter fotos e música, crear documentos...).

Por iso pasa que moitas veces un arquivo está escrito en varios ocos separados e non nun único sitio; isto fai que o ordenador vaia máis lento cando ten que ler ese arquivo. Dicimos que o arquivo está "fragmentado" ou roto.

Segundo: como o facemos?

Manter ordeado e limpo o noso ordenador non é tan complicado; só un pouquiño máis que mirar as propiedades do disco duro.

En Windows 7:

Imos a "equipo", e buscamos o disco duro máis importante, que é o disco "C" (limparemos un disco ou partición de cada vez, podendo facelo con todos os que teñamos).

Clicamos co botón dereito e escollemos "propiedades".

Cando vemos as propiedades, abrimos a pestaña "herramientas".

 

E lle damos a "desfragmentar ahora".

Só nos queda elexir o disco de entre os que nos mostra, e darlle a "desfragmentar"... despois veremos o progreso, e ao final diramos que rematou e que está 0% fragmentado, que é o mesmo que dicir que está todo desfragmentado.

En ordenadores vellos isto pode tardar varias horas, así que aconsello que o deixedes pola noite cando no o vaiades a utilizar, e xa pola mañá vedes que desfragmentou, pechades todo e apagades, o reiniciades se queredes seguir utilizándolo.

 

En Windows Vista:

 

Desgraciadamente nos dispoño dun ordenador con este sistema, pero vai a ser similar ao Windows 7, e se algo cambia pódese paracer ao Windows XP.

En Windows XP:

É parecido ao Windows 7, pero moito máis visual, porque nos pon unhas gráficas de como estaba o ordenador antes, e outra de como vai limpando e quedando ao final.

Os primeiros pasos son idénticos, pero agora "mi PC" é o equivalente a "equipo".

Despóis vemos xa na ventá de desfragmentar como nos mostra dúas gráficas de como estaba o disco duro antes de desfragmentar  (arriba) e como vai quedando (abaixo). As raias de cor bermella son arquivos rotos ou fragmentados, as de cor verde son arquivos do sistema que non lles podemos facer nada, e todo o azul son arquivos que están ben... despóis de todo debería quedar sen raias bermellas, e con todo xuntiño aliñado á esquerda, aínda que ás veces non queda tan perfecto, pero non pasa nada.


 

 

 

Terceiro: cada canto o facemos?

Cando vexamos que o ordenador vai moi lento, cando andemos instalando e desinstalando moitos programas, antes de editar vídeos, e como costume, unha vez ao mes. Non lle fai mal ao ordemador.

Espero que isto os sirva de axuda.

2 - ACTIVIDADE 5:

A actividade 5 consiste en que desfragmentedes un ordenador e me enviedes unha captura de pantalla co estado final da desfragmentación (0% fragmentado en Win 7 e as gráficas en Win XP).