AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

No DOG do día 14 de outubro de 2022 publícase a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, onde se establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG. Para estes efectos, a aplicación informática Fondolibros permitirá xerar os vales desde esa data, polo que pregamos ás familias que acudan ao centro a partir do martes 18 de outubro. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.