VOLTA ÁS AULAS

1. Incorporación gradual do alumnado

1.1. O día 10 de setembro, xoves, incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e mais 1º, 2º e 3º curso de educación primarial.

1.2. O día 11 de setembro, venres, incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

2. Horario de entrada e saída

Entradas:

Abriranse as portas de entrada ao recinto ás 08:40. As familias do alumnado de primaria non poderán acceder ao recinto.

 - O alumnado de primaria pode ir entrando ao patio e subindo ás aulas desde as 08:45.

 - Os cursos de 1º e 2ºEP entrarán pola porta situada á beira do comedor e subirá polas escaleira próximas á biblioteca.

 - O resto de cursos de primaria entrarán pola porta principal do edificio e subirán polas escaleiras coa seguinte distribución: 4º e 6ºEP, pola escaleiras principais; 3º e 5º pola escaleiras próximas ás aulas de tres anos.

 - O alumnado de infantil entrará ás clases en outubro a partir das 09:05. 4ºEI na porta do patio de infantil de 3 anos. 5ºEI, facendo filas na zona dereita da entrada principal. 6ºEI facendo fila na zona esquerda da entrada principal. O alumnado de infantil debe de estar acompañado dun único adulto por neno/a e non entrarán no recinto ata que toque a sirena ás 09:00. A continuación colocaránse nos espazos asignados á espera de entrar coas titoras. En setembro seguiremos os horarios seguintes:

  • 4ºEI (3 anos): de acordo á adaptación de principio de curso.
  • 5ºEI (4 anos): entrada, 09:30; saída, 13:40.
  • 6ºEI (5 anos): entrada, 09:15; saída, 13:45.

 Saídas

- Abriranse as portas do recinto ás 13:35 horas.

 - As familias de infantil poderán acceder ao recinto e colocaranse no espazo de entrada habilitado para cada aula. Unha vez entregados sairán unicamente pola porta principal, Rúa Cardenal Cisneros.

 - As familias de primaria recollerán ao alumnado nas portas exteriores coa seguinte distribución: 1º e 2º, Rúa Lugo; 3º e 4º, Rúa Ourense; 5º e 6º, Rúa Cardenal Cisneros. O profesorado acompañará ao alumnado ata a súa saída.

  Horario de saída:

 • Educación Infantil:

  •  4º (3 anos), ás 13:45 horas (agás o período de adptación en setembro).
  •  5º (4 anos), ás 13:40 horas.
  •  6º (5 anos), ás 13:45 horas.

• Educación Primaria:

  •  1º e 2º, ás 13:50 horas.
  •  3º e 4º, ás 13:55 horas.
  •  5º e 6º, ás 14:00 horas.

 

3. ADAPTACIÓN DE PROTOCOLOS COVID-19

3.1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 NO CEIP A SOLAINA.

3.2. Instrucións polas que se incorpora a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Territorial do Sistema Nacional de Salud Pública (DOG nº 174 bis 28-08-2020 e a ctualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021.

3.3. Declaración responsable.

3.4. Enquisa de autoavaliación [Non é preciso remitila ao colexio, é un referente para facer a autoavaliación diaria de sintomatoloxía].

4COMEDOR

O servizo estará dispoñible desde o xoves. As comunicacións de asistencia ou ausencia faránse exclusivamente por vía telefónica (881930370)Establécese unha distribución en tres quendas: 13:30 a 14:15, alumnado de Educación Infantil; 14:30 á 15:00, alumnado de 1º, 2º e 3º EP; 15:15 a 16:00, alumnado de 4º, 5º e 6º EP. En función do número de alumnado de cada quenda, poderá axustarse ao longo do ano. A saída da primeira quenda será ás 14:20, a segunda quenda ás 15:05 e a terceira quenda ás 15:55. Non se vai ter en conta a obrigatoriedade de uso mensual para a permanencia na listaxe.

5. CAMIÑOS SEGUROS

  • Continuamos cos Camiños seguros na etapa de Primaria, incluído o chequeo da pulseira. Na etapa de Infantil intentaremos nos vindeiros días acomodar a campaña con propostas en estudo. O alumnado de Infantil non vai pasar a pulseira para evita o colapso das entradas.
  • Información do Equipo de Seguridade Viaria do Concello.