POSTA EN MARCHA DOS CAMIÑOS SEGUROS

                                                        

O Concello de Narón puxo hoxe en marcha a iniciativa Pegadas para que o alumnado acuda ao centro de maneira autónoma e en condicións de seguridade: só ou en compañía dun adulto, camiñando, en bici, en patinete...

O venres 16 efectuamos unha proba de funcionamento xeral na que xa puideron participar os nenos/as.

Hoxe, luns 19, comezamos de forma oficial os Camiños Seguros. A partir  de agora, o alumnado chequeará a pulseira unha única vez cada día e antes de colocarse na fila.

Pódese consultar a campaña do concello en pegadas.naron.es.

Para ver a noticia na prensa pulsa nos enlaces: Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, Galicia Ártabra.