3º Ciclo

Exposición dos murais de Coñecemento dos temas 13, 14 e 15 - 6ºB

Aquí podedes ver o estupendo traballo dos alumn@s de 6º, que dos últimos temas de Historia en Coñecemento do Medio, elaboraron murais e os explicaron ao resto dos compañeir@s.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESUMOS DOS TEMAS 11 E 12 DE COÑECEMENTO - Feitos polos alumn@s de 6ºB

Xa están colgados os resumos dos temas 11 e 12 de Coñedemento de 6º.

Os alumn@s de 6ºB fixeron un gran traballo, ahínda que algunha falta de ortografía se nos colará...

Estudade moito!!!

* Á dereita tendes un enlace ao documento para descargalo --> (pinchade en: 1 adxunto).

Visita ao Mosteiro do Couto

O día, 2 de xuño, os nenos e nenas de 5º A e 5ºB da Solaina visitamos o mosteiro do Couto. Alí dividimonos en dous grupos. Nós, os de 5º B fumos ver o entorno onde desenrolaban a súa vida os monxes que habitaban o mosteiro.

Fumos con monitores que nos explicaron a fauna e flora típica da zona. Cuns prismáticos observamos plantas, árbores, animais (garzas, gaivotas, lagartas tomando o sol...), escoitamos o canto de diferentes paxaros ......, ata atopamos a mandíbula dunha agulla que, polo visto, é un peixe.

Arredor das once descansamos no que  era o campo da festa e merendamos todos xuntos; despois, xogamos un pouco e cambiamos cos compañeiros de 5º A para ver o mosteiro por dentro.

Alex, o monitor, explicounos todo o referente á vida nos mosteiros e, en xeral, na Idade Media. O mosteiro está adicado a San Martín que era un tribuno romano.

Explicáronnos que era de estilo románico e que os monxes tiveron que marchar porque non podían manter o mosteiro.

Vimos unha tumba dun escudeiro dos señores de Traba, donos das terras, que se chamaba Rodrigo de Esquío. Visitamos as celdas dos monxes, a  cociña e o forno, tamén o patio onde había unha fonte na que se recollía a auga do río Lodairo.....

Gustuonos moito e démonos conta de que preto de nós hai moita historia e monumentos e de que a  nosa terra é moi rica tanto natural como culturalmente.

Pasámolo moi ben!!!!!!!!

 

Aportación do alumnado de 5º.

Obradoiro afectivo-sexual

Nesta última semana do mes de maio e na primeira de xuño, o alumnado de 6º de E primaria está a participar no obradorio: Afectivo-sexual. O obradoiro está impartido por educadoras sociais e ten como finalidade que o alumnado expoña as súas inquedanzas, visión do mundo afectivo-sexual... para que as profesionais dean resposta dende o punto de vista educacional.

Mediante xogos e adiviñas, os asistentes descobren a importancia de  coñecerse a si mesmos, ás persoas das que se rodean... e, sobre todo, dar respostas axeitadas á sua idade naqueles aspectos considerados de interese.

EXCURSIÓN DE FIN DE E.PRIMARIA

A pasada semana os alumnos de 6º Curso de educación primaria realizaron a súa excursión de fin de curso viaxando a Tenerife.

Tanto a valoración desta saída como os nomes dos alumnos e mestres que os acompañaron, pódese descargar no adxunto.

Tamén destacamos de interese a presencia do grupo no Campeonato  de 1º Categoría de Loita Canaria, feito publicado no xornal local "Diario de Avisos.com" con sendas entrevistas na TV local a un alumno e mestre por mor do interese amosado por esta actividade tan autóctona. A destacar o saúdo cordial a todo o grupo por parte do Presidente da Federación de Loita Canaria.

O PLANETARIO MÓBIL NA ESCOLA

Durante esta semana tivo lugar no noso centro a actividade "O PLANETARIO MÓBIL NA ESCOLA: O SISTEMA SOLAR" promovida polo Servivio Sociocomunitario do Concello de Narón dentro dos recursos educativos de apoio á escola.

Despóis dunha proxección na biblioteca sobre o Universo e o Sistema Solar os nenos acudiron ao ximnasio onde estaba instalado un planetario móbil onde podían entrar e practicar sobre a rotación e traslación dos planetas.

Alumnos de 6º en Aldea Nova

O pasado 5 de abril, os alumnos/as de 6º estivemos en Aldea Nova realizando actividades relacionadas co medio ambiente

Aprendimos o ciclo das plantas, a medir árbores, a orientarnos na paisaxe...

Non sabía que AS PLANTAS SUDAN¡¡¡¡ si as deixas sin osíxeno.

Como  xogamos á ghymkana, escribimos co noso cú "ALDEA" e fixemos unha pirámide de acroximnasia.

As monitoras nos engancharon coa súa dedicación.

Plantar na horta foi algo novedoso.

 Aparte de aprender moitas cousas, estivemos moi ben todos xuntos¡¡¡¡

 

Visita a Aldea Nova

O pasado venres, día 18 de marzo, os nenos e nenas de 5º tivemos una visita a Aldea Nova, lugar de Narón no que realizamos actividades para coñecer a natureza.

Mentres un grupo traballaba na actividade "Baixo os nosos pés"(minerais, rochas e solo), outro fixemos unha saída para aprender a orientarnos: "Recunchos de vida: as pequenas zonas húmidas".

Cun plano tivemos que ir sinalando o camiño que facíamos. Nos explicaron a diferencia entre horta e bosque, observamos pegadas de xabarín e vimos a peza onde se bañan. Atopamos píntegas e babosas e os monitiores nos explicaron a súa vida. Nunha charca, vimos como poñían uns vermes os ovos nunha pedra.

Observamos distintos tipos de rochas e minerais. Puidemos ollear nuns mapas as rochas e os minerais que  que temos en Galicia; tamén unha boa colección sobre o que está baixo os nosos pés.

Dunha das rochas máis coñecidas de Galicia, o granito, puidemos ver por separado so seus compoñentes: cuarzo, feldespato e mica.

Por fora buscamos os compoñentes desta rocha. Os máis afortunados conseguiron cristais  de cuarzo. Ao final, tivemos que tirar parte dos "nosos tesouros" para os nenos do outro grupo.

Foi unha divertida e interesante experiencia!

Pablo Martínez, Alberto Reboredo, Iria Cazás e Alba Blanco en representación dos alumnos de 5º.

 

Actividade sobre os desastres naturais acaecidos actualmente en Xapón

Actividade voluntaria destinada aos alumn@s de 6º de Primaria:

Estamos vindo estes días polos medios de comunicación moita información sobre o tremendo terremoto que xurdiu en Xapón e as terribles consecuenzas que tivo e está a ter...

Gustaríame que atoparades algo de información sobre o tema e que fixerades un pequeno documento explicando, sobre todo coas vosas palabras, cómo entendedes vós o que esta a pasar.

Podédemelo enviar a: miguelasolaina@gmail.com e poñede no asunto da mensaxe: Xapón.

Moitas grazas por colaborar!

Ponte no meu lugar

Durante estes días de marzo estamos a recibir na Solaina a visita de persoal de ASPANEPS. O seu obxectivo é desenvolver un proxecto de sensibilización sobre as discapacidades nas escolas de Ferrol e Narón. Na primeira das visitas acompañaron a alumnos de 6º nun percorrido impactante polo colexio en cadeira de rodas ou cun anteface que impede a visión. Deste xeito, tal como indican os cartaces da exposición temporal que ambienta a actividade PONTE NO MEU LUGAR, os alumnos poden empatizar coas persoas con limitacións.

 

 

Distribuir contido