3º Ciclo

Un traballo sobre o río Xallas...

No proxecto lector limos "Os piratas da Illa da Esperanza" do escritor X.H.Rivadulla Corcón.

Nas páxinas do libro coñecimos a Costa da Morte e os fermosos paraxes naturais dos seus entornos.

Como mostra disto, deixamos un traballo sobre o seu autor,  o río Xallas...

       

Rap da Paz

Na clase de Valores, en 5º A, creamos e gravamos o "Rap da Paz"


0:50 minutes (784.53 KB)

Mostra de traballos do alumnado

Nesta sección figuran algúns dos traballos que o alumnado do ciclo realiza neste curso académico.

  • Con motivo da lectura do fragmento do libro Ébano, de Ryszard Kapuscinski, lectura que nos leva a  África, Daniel nos ofrece este traballo no que recolle información deste continente.
  • Iria súmanse a esta sección con novas aportacións.

 

 

 

 

 

Goodbye, teacher Paula

Paula, a mestra de inglés, marcha.

Non sabemos ben en que consiste pero nos indicou que se marcha por  unha Licencia de estudos.

As clases con ela foron sempre amenas, didácticas, divertidas..., e coas  súas ensinanzas descubrimos que nin o vocabulario, nin a gramática, nin a pronunciación en inglés son tan difíciles.

Paula, volve pronto a vernos, pero mentras tanto recórdanos nestas  imaxes do baile que ensaiamos en tempo record para ti...

Thank you and Good lucky, teacher Paula.

Yours pupils.

 

 

Entrega de Diploma de finalista: Concurso de debuxo"O bosque"

Con motivo do Ano Internacional dos Bosques, a Sociedade de Ciencias de Galicia, o Liceo Casino de Pontevedra, a  Asocioción Forestal de Galicia e  a Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, organizaron un concurso de debuxo co  obxectivo de fomentar entre os estudantes a necesidade de  coidar os bosques, como expoñente destacado da natureza.

O alumnado de 6º de EP. participou na citada convocatoria con debuxos representativos do seu sentir ante o que están a ver no seu entorno.

O debuxo da alumna Rebeca Pena Ríos figura entre os finalistas do citado concurso recibindo por elo un diploma por parte das entidades promotoras. O director do centro fixo entrega do mesmo diante dos seus compañeiros que a felicitaron entusiasmados polo seu logro.

A seguridade en Internet

Esta mañá, o alumnado do 3º ciclo de E P, recibiu por parte de persoal especializado da Policía Nacional unha charla informativa sobre a seguridade no entorno de  INTERNET.

A citada  charla, organizada e xetionada pola ANPA, ten un claro obxectivo: facer reflexionar ao alumnado do perigro das redes sociais na Internet.

03/11/2011

... e ao final, na biblioteca

Ao longo deste mes, nas Áreas de Lingua Galega e Lingua Castelá estivemos a traballar a lectura e a escritura tomando como referente noticias (Premio de Agustín Fernández Paz, saídas educativas a  A Coruña, e, sobre todo, relacionando os temas a estudiar con traballos nos que precisabamos documentarnos. Para elo, un eixe central: "OS LIBROS "

Para facer partícipes aos nosos compañeiros da biblioteca das nosas casas, aportamos libros das nosas familias que leímos para deleite de todos e deixamos para o correspondente manexo no rincón da nosa biblioteca particular de aula.

O obxectivo e finalidade desta actividade o descubrimos hoxe:

Na biblioteca do centro participamos nunha charla sobre a celebración deste día, a súa orixe, e, sobre todo, o seu fin.

Unha vez rematada a charla, cada un de nós colleu un libro utilizando o noso carné de biblioteca.

Eliximos os referidos a biografías: Galileo Galilei, Marco Polo..., lecturas de todos os tempos:Julio Verne..., e de escritores actuais como Ana Carballeira, Ánxela Loureiro...

Así, chegamos á conclusión de que as bibliotecas poden estar en calquera lugar. Só fai falla contar cos compañeiros de viaxe: OS LIBROS.

24/10/2011

Co outono...

Eiquí algo sobre o outono: poemas, receitas...

Saída a Coruña

Con motivo da saída educativa a Coruña o pasado 3 de outubro, o alumnado de 6º curso realizou uns traballos que vos ofrecemos. Neles mostran o seu entusiasmo e todo aquelo que descubriron.

 

Saída educativa 3º ciclo EP

Os días 6 e 13 de outubro, o alumnado de 6º e 5º curso, respectivamente, realizarán a 1º saída educativa do curso 2011-2012.

Contido da saída:

  • Exposición do 125 aniversario de Castelao. Biblioteca Miguel González Garcés (A Coruña).

                                       

                                                             

                                              

06/10/2011

Distribuir contido