2º Ciclo

O alumnado e a música

 

 

Os alumnos de 3º, Amada, Iker, Samuel e Sara, quixeron traer un pouco de música ás aulas.

Así, entre clase e clase, ensináronnos as súas habilidades co violín e a guitarra, a trompeta, pandereita,... o que nos permitiu comprobar que tanto os instrumentos clásicos coma os modernos fan boa música.

 A experiencia foi moi agradable para os seus compañeiros e, de feito, máis dun manifestou que lle gustaría iniciarse tamén no mundo da música.

Como actividade complemetaria, os nenos e nenas redactaron uns breves textos coas súas impresións.

Noutras aulas tamén a música é protagonista estes días pois o alumando de tódolos niveis está ensaiando arreo as panxoliñas e os bailes cos que nos deleitarán no festival do Nadal.

Actividades en Aldea Nova do alumnado de 3º EP

Hoxe, mércores, 24 de outubro, o alumnado de 3º de EP desplazouse a Aldea Nova.

Grazas ao Programa de recursos de apoio á educación promovido polo Concello, o alumnado pode participar nas actividades que neste espazo natural se desenvolven, e aprender en directo contidos abordados nas aulas.

Imaxes do alumnado nas diferentes actividades

e traballos do que experimentaron.

Programa de actividades no PDF.

As receitas dos nenos/as de 3º EP

O venres 19 elaboramos na aula unha receita para degustar todos xuntos.

Esta actividade está programada aproveitando os contidos tratados nas diferentes áreas.

                                        Fonte: cocinayrecetas.net 

Imaxes da actividade.

A modo de exemplo aquí vos deixamos algunhas das receitas que aportaron.                                                                                                                                               

SAÍDA FIN DE CICLO A LUGO

 

 

 

O pasado martes, 12 de xuño, todo cuarto de primaria e as titoras pasamos un día intenso, mollado e moi bonito en diferentes lugares da provincia de Lugo e tamén na propia cidade.

   Saímos ás nove do colexio e voltamos ás oito e media, pero o tempo fíxonos moita falla porque visitamos:

   Pasámolo moi ben, e aquí estarán próximamente as fotos de testemuña.

Saídas de terceiro de EP no 2.º trimestre

                      Fragas do Eume

O día 7 de marzo o alumnado de terceiro de Primaria visitamos as Fragas do Eume. Alí vimos unha película sobre a flora e a fauna do lugar, e logo fixemos unha ruta a pé  polos montes e pola ribeira do río Eume que atravesa as Fragas. Durante o percorrido, observamos  as distintas plantas que habitan nas fragas e pasamos por unha ponte colgante, resultando unha experiencia marabillosa. Despois, merendamos nunha zona axeitada, recollimos tódolos papeis, montamos no autobús, e... voltamos para o colexio.

Imaxes en plena natureza.

             Arsenal de Ferrol

e Museo Naval

O día 20 de abril visitamos o Arsenal de Ferrol. Ensináronnos a fragata F101 Álvaro de Bazan e o Museo Naval. Coñecimos o depósito dos helicópteros, o armamento, a sala de máquinas e un lugar segredo cheo de ordenadores. Máis tarde percorrimos o Arsenal acompañados por unha guía e, trala visita, merendamos no campo de fútbol.Tivemos a oportunidade de ver barcos moi antigos, as súas primeiras bandeiras, as mesas e as camas onde durmían os mariñeiros...

Todo o alumnado quedamos moi satisfeitos con estas saídas, e agradecemos aos mestres a iniciativa de levarnos. 
Imaxes da saída escolar.

Visita cultural a Ferrol

 

 

 

 

 

O pasado xoves, 19 de abril, o alumnado de cuarto de  primaria e as súas titoras fomos a Ferrol para visitar o museo da Sociedade Galega de Historia Natural e tamén a exposición que hai nestas datas na sede da Fundación Nova Caixa Galicia.

Fixemos o desprazamento en tren , e FEVE  puxo  un vagón para nós  tanto á ida como á volta.

O museo da S.G.H.N. ainda non está aberto ao público en xeral; xa avisaremos cando o faga.

A exposición “Dalí e a Divina Comedia” seviu para acercarnos á obra de Dante , así como para admirar as estampacións  que sobre ela fixo Dalí.

 

Enlace ás imaxes.

Que ben o pasamos na Casa do Queixo de Grixalba!

 

 

Os pasados xoves 15 e venres 16 de marzo, coa súa noite correspondente, o alumnado de cuarto e as súas titoras pasamos unhas xornadas inesquecibles na granxa albergue de Grixalba, no concello de Sobrado dos Monxes. Podes ver o lugar neste enlace.

Pasámolo moi ben e fomos felicitados por todo o personal do albergue polo noso bo comportamento.

As fotos están  na Galería. 

Elaboración de tortilla de acelgas

O martes, 6 de marzo, o alumnado de 4º curso adicaron un tempo da xornada a cociñar unha tortilla de acelgas.

Se queredes coñecer a receita, así como os ingredientes, podedes descargala do adxunto.

A actividade desenvolvida polo alumnado queda recollida  nestas IMÁXENES.

Falamos co Silvestre Gómez Xurxo

   Este xoves, 16 de febreiro, o alumnado de cuarto de primaria sometimos ao escritor Silvestre Gómez Xurxo a un bombardeo de preguntas sobre a súa obra en xeral (agora sabemos que tamén escribiu libros de texto),  a novela "Ti non xogas", a súa vida como escritor e tamén como mestre.

   Como foron compañeiros de traballo nun colexio de Tui , o mestre de música Juan, fixo a presentación.

   Agradecemos a Silvestre a súa presencia no centro. Pasámolo moi ben na súa charla e tivemos a sorte que nos asinou os libros.

   Grazas, Silvestre.

   As fotos pódense ver na Galería.

Charla co escritor Silvestre Gómez Xurxo

   O vindeiro xoves, 16 de febreiro, dará unha charla para o alumnado de cuarto, na biblioteca do centro, o escritor Silvestre Gómez.

   Nas dúas aulas estamos acabando de ler o seu libro  "Ti non xogas", onde un rapaz de nove anos ten problemas no patio do colexio cun compañeiro bastante mandón...Menos mal que ten a axuda de Phanti!

Distribuir contido