Animación á lectura

Animación á lectura 2014-2015

Este curso 2014-2015 son diversas as actividades  propostas dentro do marco da Animacíon á lectura da nosa biblioteca

Cada ciclo ou nivel contará coa visita programada do/a autor/a dos libros lidos polo alumnado, facéndonos partícipes da súas historias.  

O inicio foi este mércores, 11 de febreiro. Os nenos e nenas de infantil recibiron unha grata sorpresa... a visita do contacontos Iago lópez, que veu a marabillarnos coa historia de Augusta e os seus medos, álbum ilustrado e escrito por Sabela Fernández Trelles. 

Imaxes do acto.

O 13 de maio, o alumnado de 5º contará coa presenza de Alicia Borrás Sanjurjo. As obras "Nata y chocolate" e "Nata y chocolate invencibles", serán as protagonistas ese día.

No mes de maio, será o turno para o alumnado de 6º que recibirá ao escritor ferrrolán Antón Cortizas o cal amosará a todos nós a súa extensa obra; obra presente na nosa biblioteca.

 

 

 

Animación á lectura 2013-2014

Actividades de animación á lectura. Curso 2013-2014

Paula Carballeira na Solaina

No  marco de actividades do concello de Narón do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL, e desenvolvendo nos centros educativos esta actividade co fin de promover a animación á lectura, este venres, día 17, estivo no centro a  escritora nada en Fene, Paula Carballeira.

Co seu saber facer todos os presentes desfrutamos coa animación dos seus contos facendo partícipes activos dos mesmos ao alumnado.

Máis información no blog asolainabiblio.

 

A propósito de Castelao

Son moitas as persoas que tal día como hoxe, 7 de xaneiro,  lle rinden homenaxe.

Como escritor soubo reflectir mellor que ninguén a vida cotiá galega e sobre todo o seu sentir por Galiza. Achegarse á súa figura faranos sentir viva a súa mensaxe.

Nos fondos bibliográficos da nosa biblioteca atoparás obras súas que non debes esquecer porque Castelao así o pretendiu.

Os seus libros: Cousas, Sempre en Galiza, Os dous de sempre,... esperan ser lidos por ti.

 

 

A Biblioteca do centro reanuda a súa actividade

      A biblioteca do centro reabre as súas portas para continuar presentando, durante o curso académico 2013-2014, esa importante labor que realiza día a día, ano a ano: o fomento da lectura entre o alumnado.

Este ano a apertura de portas é especial por dous motivos. 

Por unha banda, porque a biblioteca vén de pasar por un periodo de reorganización dirixida a acadar melloras nos servizos que presta ao alumnado co fin último de adaptarse aos novos tempos e necesidades escolares. Así, o equipo de biblioteca  esmerouse nestes meses para que a partires de agora toda a comunidade educativa poida disfrutar co NOVO FONDO  de libros e material co que conta a nova instalación.

Por outra banda, porque a biblioteca do CEIP A Solaina pasa a formar parte do PLAMBE o que, sen dúbida, redundará no beneficio de todos aqueles que se acerquen a ela

Así que nenos e nenas da Solaina xa sabedes onde podedes descubrir novos mundos a través dun compañeiro ideal: un libro. 

Descarga aquí a organización e funcionamento

E para celebralo, nada mellor que retomar o blog.

 

A Biblioteca de Narón vén de organizar actividades para o 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

As familias interesadas en participar nestes actos comunicarán a súa asistencia na propia Biblioteca ou no teléfono 981 382 173.

 

Animación á lectura

Este curso, no marco do programa "Animación á lectura" -coordinado polo equipo da biblioteca escolar-, todos os ciclos están desfrutando e, nunca mellor dito, animándonse a ler a través da visita que realizan ao centro os autores dos libros que están a diario nas aulas a disposición do alumnado. Estes libros forman parte da biblioteca de aula do Proxecto Lector.

Nas vindeiras semanas haberá novas visitas ao colexio.

  • O  luns, 15 de abril, a escritora Fina Casalderrey acudirá á Solaina para conversar cos nenos e nenas de 1º acerca do seu libro: Quen me quere adoptar ?
  • O mércores, 17 de abril, o escritor Anxo Fariña comentará co alumnado de 5º e 6º o seu libro: Os megatoxos. Podes estar en contacto co escritor a través do seu blog.

Grazas, escritoras e escritores, polas vosas visitas e por obras tan fermosas!

Animación á lectura 2012-2013

2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

O dia 2 de abril é unha data para lembrar e ler cos nosos nenos e nenas aqueles libros que, xa na nosa infancia, nos facían soñar, imaxinar, desfrutar... e coñecer outras realidades de vida lonxana, futura ou actual.

Para a celebración desta data, publicouse sobre o escritor homenaxeado no Día das Letras galegas, Valentín Paz Andrade, a súa biografía e antoloxía.

Dende a sección da nosa biblioteca-Recomendámosche- animámoste á súa lectura. 

Neste enlace, un dos grandes da literatura: http://blog.anayainfantilyjuvenil.es/wp1/?p=3896

Animación á lectura en marzo

   Como broche final dentro do Proxecto de animación á lectura, mañá mércores, 22 de marzo, e o xoves, día 23, teremos o pracer de recibir á escritora Teresa González Costa  25º Premio Merlín2010 co seu libro "A filla do ladrón de bicicletas", un libro homenaxe ás bicicletas, como di a propia  autora no que se combina a tenrura e humor nunha historia na que o esforzo dunha nena por alcanzar os seus sonos, forman o entramado da obra .

 

 E ao escritor X.H. Rivadulla Corcón, xa que co seu libro "Os piratas da illa da Esperanza", mantivo o interese pola lectura nunha novela na que a amizade e a vida están presentes.

  

Para ámbolos dous, así como a todos os que fixeron posible  estas visitas, e despertar  así o interese do alumnado por descubrir o pracer de ler, o agradecemento por parte de toda a Comunidade educativa.  

O alumnado tomou nota da charla. O seu contido no PDF.

En directo cos escritores

Na procura de atopar na lectura o mundo que abre as portas de distracción, aprendizaxe, evasión... dende a biblioteca prémiase este logro co mellor dos agasallos:

"Dialogar en directo cos autores dos libros que nos fan vivir a mellor das aventuras"

Para iso, estannos visitando os escritores que nos fixeron disfrutar no Proxecto Lector cos seus libros.

  • 1 de marzo: A chave da Atlántida, de  Anxo Fariña. Imaxes. Visita.
  • 7 de marzo: Los caballos de mi tío, de Gonzalo Moure. Imaxes.Visita.
  • 13 de marzo:  O souto escuro e perigoso, de Xosé Tomás.Imaxes

       

No PDF adxunto pódense ler os artigos e ilustracións de algún alumno/a.  

                                                      

Falamos co Silvestre Gómez Xurxo

   Este xoves, 16 de febreiro, o alumnado de cuarto de primaria sometimos ao escritor Silvestre Gómez Xurxo a un bombardeo de preguntas sobre a súa obra en xeral (agora sabemos que tamén escribiu libros de texto),  a novela "Ti non xogas", a súa vida como escritor e tamén como mestre.

   Como foron compañeiros de traballo nun colexio de Tui , o mestre de música Juan, fixo a presentación.

   Agradecemos a Silvestre a súa presencia no centro. Pasámolo moi ben na súa charla e tivemos a sorte que nos asinou os libros.

   Grazas, Silvestre.

   As fotos pódense ver na Galería.

Distribuir contido