Animación á lectura

Visita de Manuel Rivas

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, fomos testemuña do bo facer do escritor Manuel Rivas. O alumnado de 5º participou na Biblioteca da Solaina dun achegamento á literatura e ao seu libro Bala Perdida. Preme no enlace se queres ver as fotos do evento.

FRAN REI NA SOLAINA

Hoxe, 19 de  decembro, contamos coa presenza do recoñecido cómico Fran Rei, que desenvolveu o espectáculo O Conto da Barriga Verde, mestura de tres obras de Manuel María na que aboian narración oral, humor e maxia. Grazas á colaboración do Padroado de Cultura e á Deputación da Coruña, o alumnado de 6º pasouno de cine na Biblioteca. Esperamos por outra actuación tan sinalada do gran actor.

Animación á lectura para 3º e 4º EP

   Os/as nenos/as de 3º e 4º da Solaina limos o libro "Coller as rendas" da escritora Yolanda Castaño.

   Ao longo do libro diferentes animais "collen as rendas " da súa vida e deciden adicarse ao que sempre soñaron.

   Onte, 2 de maio, a súa autora fíxonos unha moi agradable visita na que nos relatou de novo o seu libro, falounos dos animaliños e incluso algo da súa vida e de como se converte na marabillosa escritora que é hoxe en día. 

Grazas Yolanda, e esperamos verte pronto! 

Unha aperta.

Contacontos para Educación infantil

 O pasado xoves, día 21 de abril, dentro do Programa de actividades de animación á lectura, os 175 alumnos/as  de Educación Infantil puideron mergullarse no mundo de fantasía e imaxinación que lles permiten os contos.

 Da man de Dulcinea Cuentacuentos (Yanina Ivaldi), o alumnado permanecu expectante escoitando os inolvidables contos que esta magnifica contacontos lles narrou.

Animación á lectura 2016

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

 

GALERÍA DE IMAXES

FELIZ FEROZ EL HEMATOCRÍTICO.

  • Educación infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
  • 1 de marzo.

 

 Narración oral: Paula Carballeira

5º e 6º Educación Primaria

 

 

 

Lecturas neste verán

O verán é un bo momento para gozar da lectura. Por iso, dende a biblioteca do CEIP A Solaina suxerimos ao alumnado para este período vacacional as obras que figuran no díptico.

Preme aquí para coñecer o contido do libro elixido.

 

23 de abril. Día do Libro no CEIP A Solaina

Este 23 de abril, e unha vez que remate o día, será lembrado polo alumnado do centro como un  día no que a xornada escolar contou cunha figura especial:

Don Quixote.

A organización de diversas actividades na biblioteca permitiu que os máis pequenos que se están a iniciar na lectura, puidesen escoitar narrar aos seus compañeiros as aventuras do Ingenoso Hidalgo Don Quijote  de la Mancha

 

 

 Previamente, a visualizacion da serie de TVE de debuxos animados, fixoos vibrar de emoción co que lle  acontece a este fidalgo na súas aventuras como cabaleiro andante.

 Para os de maior idade, as figuras de Cervantes e Shakespeare, estiveron presentes á hora de coñecer a súa vida, obra e trascendencia a nivel universal como escritores clave na historia do mundo das letras.

 O equipo de biblioteca do CEIP A Solaina espera que no día de hoxe, Día do Libro, puideras adicar un rato a achegarte a algunha  biblioteca para contar coa sempre grata compañía dun libro.

Imaxes das actividades.

Animación á lectura:"Feliz Feroz"

   O alumnado de 1º e 2º de Educación Primarira tiveron o pracer de contar co autor dun libro que traballlaron en cadansúa aula, falamos de El Hematocrítico e do libro

"Feliz Feroz"

que, como podemos supoñer, vai dun lobo aínda que un pouco peculiar...

   Coméntase que ata o lobo Feliz Feroz andivo pola biblioteca! 

   Ahí deixamos as fotos para que o descubrades.   

 

 Imaxes da galería.

   A editorial KALANDRAKA conmemora o aniversario da liberación de Auschwitz coa publicación do libro "A historia de Erika" que narra a historia dunha supervivinte do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se liberou cando tiña tan só uns meses de vida. 

   Neste enlace temos a información sobre este libro.

 

Narración: adaptacións de contos tradicionais

O narrador canario, Antonio López, encheu  da alegría ao alumnado do noso centro o venres, 19 de marzo, coa narración de adaptacións de contos tradicionias; narracións das que fixo partícipes tanto a alumnado como a mestras, tal e como recollen as imaxes.

O obxectivo de "dar vida a contos tradicionais" trasmitidos de xeneracións en xeneracións, deixou na biblioteca unha actividade especial grazas á colaboración do Padroado de Cultura do Concello que, dentro do VI Encontros Internacionais de Narración Oral, achegou o referido narrador ao noso centro.

Contos como: "El espejo",  "La princesa caprichosa" ou "La flor de oroval" ,  serán punto de partida para fomentar a lectura entre o noso alumnado, así como favorecer a conversa cos seus avós e,  lembrar con eles estes contos cargados de ensinanzas!

     

 

 

 

 

 

 

Alicia Borrás na Solaina

Este venres, 13 de marzo, a escritora Alicia Borrás Sanjurjo acompañou ao alumnado de 5º de Ep  dentro do programa de actividades da biblioteca de Animación á lectura. 

A escritora, unha vez que se presentou, adicou parte da xornada a dialogar co alumnado, entablando con eles e con elas unha conversación fluída e reflexiva sobre as situacións que viven os protagonistas da súa obra "Nata y Chocolate" y "Nata y Chocolate invencibles", así como as súas vivencias de escritora

 

                              

 

 

Distribuir contido