Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, O Entroido, Enlaces

Entroido 2017

Pincha no enlace para ver as fotos do desfile.

O 24 de febreiro, venres, celebramos o Entroido no cole da Solaina. Coma outros anos, realizamos un pasacalles polo barrio da Solaina. A saída será as 10:00 horas. O percorrido será o que aparece no plano. Pregamos as familias que non se metan no medio do desfile para procurar que non se retrase.

 

 CANTIGA DO ENTROIDO

 Se queres escoitar a cantiga preme no título.

Piripipí

Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

o Antroido xa está aquí

 

Aí veñen eses indios,

seguidos polos exipcios.

Os hippies con tantas cores,

os hippies con tantas cores

reparten bicos e flores.


Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

o Antroido xa está aquí

 

Chegamos os da prehistoria,

avanzamos ata Roma.

Cabaleiros e castelos,

cabaleiros e castelos.

Atopamos o medievo.


Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

o Antroido xa está aquí

 

Navegando os viquingos

chegaron ata a Solaina.

Os incas os esperaban,

os incas os esperaban

pra comer a laconada


Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

 o Antroido xa está aquí

O colexio celebra o Día das Letras Galegas

   No CEIP A Solaina organizouse, como é habitual, un programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2016 ao redor do autor ao que se lle adica cada ano. Como nesta ocasión estaba adicado ao poeta lucense Manuel María, traballouse nas aulas acerca da súa vida e da súa obra.

 Proposta de traballo do Departamento de Normalización Lingúística

"SOÑANDO GALICIA CON

MANUEL MARÍA"

   O 20 de maio de 12.00 ata as 14.00h. o alumnado e profesorado do centro xuntámonos no patio principal para desenvolver o programa de actividades. Houbo dende cancións, representacións teatrais, recitais dos seus versos...

   

   A xornada rematou coa interpretación musicada do poema "O carro" e cun forte aplauso común de todos os  participantes.

 Homenaxe a Manuel María no recuncho da biblioteca .

Día do número pi

Organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse durante a mañá de hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.

A experiencia foi moi positiva e xa estamos desexando que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.

Distribuir contido