Secretaría, Información, Documentación
RESERVA NO IES AS TELLEIRAS
- Circular 6º.
- Anexo I.
- [20/02/2024] Todas as solicitudes de reserva de praza no IES As Telleiras están asignadas, polo que teñen praza no curso 2024-2025.
PRAZO DE MATRÍCULA
PRAZO DE MATRÍCULA: 20 de XUÑO ao 1 de XULLO
- Anexo_III-1 (impreso de matrícula) [galego] [castelán].
- Ficha de datos persoais e familiares.
- Formalización de matrícula. Curso 2024/2025:
Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado Educación Primaria. 2020-2021
O 13 de novembro publicouse no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Os destinatarios da distribución de máscaras serían:
1. O alumnado de PRIMARIA beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, polo que non é necesario presentar solicitude.
2. O alumnado de PRIMARIA que NON fose beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Renda 2018).
- Que estea matriculado en educación especial.
- Que estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Pódese presentar solicitude na secretaría do centro de forma unicamente presencial ata o 27 de novembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, concertando cita no teléfono 881930370.
Programacións_2022/2023
4º_EDUCACIÓN_INFANTIL:
Comunicación_e_representación_da_realidade
Descubrimento e exploración da contorna
5º_EDUCACIÓN_INFANTIL
Comunicación_e_representación_da_realidade
Descubrimento e exploración da contorna
6º_EDUCACIÓN_INFANTIL
Comunicación_e_representación_da_realidade
Descubrimento e exploración da contorna
1º_EDUCACIÓN_PRIMARIA: CN, CS, EF, PL, LC, ING, LG, MA, MU, PC, REL
3º_EDUCACIÓN_PRIMARIA: CN, CS, EF, PL, LC, ING, LG, MA, MU, PC, REL
4º_EDUCACIÓN_PRIMARIA, EDUCACIÓN_VIARIA
5º_EDUCACIÓN_PRIMARIA: CN, CS, EF, PL, LC, ING, LG, MA, MU, PC, REL
VOLTA ÁS AULAS
1. Incorporación gradual do alumnado
1.1. O día 10 de setembro, xoves, incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e mais 1º, 2º e 3º curso de educación primarial.
1.2. O día 11 de setembro, venres, incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
2. Horario de entrada e saída
Entradas:
Abriranse as portas de entrada ao recinto ás 08:40. As familias do alumnado de primaria non poderán acceder ao recinto.
- O alumnado de primaria pode ir entrando ao patio e subindo ás aulas desde as 08:45.
- Os cursos de 1º e 2ºEP entrarán pola porta situada á beira do comedor e subirá polas escaleira próximas á biblioteca.
- O resto de cursos de primaria entrarán pola porta principal do edificio e subirán polas escaleiras coa seguinte distribución: 4º e 6ºEP, pola escaleiras principais; 3º e 5º pola escaleiras próximas ás aulas de tres anos.
- O alumnado de infantil entrará ás clases en outubro a partir das 09:05. 4ºEI na porta do patio de infantil de 3 anos. 5ºEI, facendo filas na zona dereita da entrada principal. 6ºEI facendo fila na zona esquerda da entrada principal. O alumnado de infantil debe de estar acompañado dun único adulto por neno/a e non entrarán no recinto ata que toque a sirena ás 09:00. A continuación colocaránse nos espazos asignados á espera de entrar coas titoras. En setembro seguiremos os horarios seguintes:
- 4ºEI (3 anos): de acordo á adaptación de principio de curso.
- 5ºEI (4 anos): entrada, 09:30; saída, 13:40.
- 6ºEI (5 anos): entrada, 09:15; saída, 13:45.
Saídas
- Abriranse as portas do recinto ás 13:35 horas.
- As familias de infantil poderán acceder ao recinto e colocaranse no espazo de entrada habilitado para cada aula. Unha vez entregados sairán unicamente pola porta principal, Rúa Cardenal Cisneros.
- As familias de primaria recollerán ao alumnado nas portas exteriores coa seguinte distribución: 1º e 2º, Rúa Lugo; 3º e 4º, Rúa Ourense; 5º e 6º, Rúa Cardenal Cisneros. O profesorado acompañará ao alumnado ata a súa saída.
Horario de saída:
• Educación Infantil:
- 4º (3 anos), ás 13:45 horas (agás o período de adptación en setembro).
- 5º (4 anos), ás 13:40 horas.
- 6º (5 anos), ás 13:45 horas.
• Educación Primaria:
- 1º e 2º, ás 13:50 horas.
- 3º e 4º, ás 13:55 horas.
- 5º e 6º, ás 14:00 horas.
3. ADAPTACIÓN DE PROTOCOLOS COVID-19
3.1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 NO CEIP A SOLAINA.
3.3. Declaración responsable.
3.4. Enquisa de autoavaliación [Non é preciso remitila ao colexio, é un referente para facer a autoavaliación diaria de sintomatoloxía].
4. COMEDOR
O servizo estará dispoñible desde o xoves. As comunicacións de asistencia ou ausencia faránse exclusivamente por vía telefónica (881930370). Establécese unha distribución en tres quendas: 13:30 a 14:15, alumnado de Educación Infantil; 14:30 á 15:00, alumnado de 1º, 2º e 3º EP; 15:15 a 16:00, alumnado de 4º, 5º e 6º EP. En función do número de alumnado de cada quenda, poderá axustarse ao longo do ano. A saída da primeira quenda será ás 14:20, a segunda quenda ás 15:05 e a terceira quenda ás 15:55. Non se vai ter en conta a obrigatoriedade de uso mensual para a permanencia na listaxe.
5. CAMIÑOS SEGUROS
- Continuamos cos Camiños seguros na etapa de Primaria, incluído o chequeo da pulseira. Na etapa de Infantil intentaremos nos vindeiros días acomodar a campaña con propostas en estudo. O alumnado de Infantil non vai pasar a pulseira para evita o colapso das entradas.
- Información do Equipo de Seguridade Viaria do Concello.
ADMISIÓN DO ALUMNADO 2020/2021
6. INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 4ºEI (3ANOS)
5. PRAZO DE MATRÍCULA: 1 ao 10 de XULLO
- Anexo_III-1 (impreso de matrícula) [galego] [castelán].
- Ficha de datos perosais e familiares.
- Formalización de matrícula. Curso 2020/2021
[15/06/2020] LISTAXE DEFINITIVADE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
XA ESTÁ DISPOÑIBLE A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. PODE CONSULTARSE NO TABOLEIRO DO CENTRO, xa que a lexislación relativa a protección de datos non permite publicalo na web.
- Admitidos/as_4ºEI (3 anos): 50 solicitudes.
- Non admitidos/as_4ºEI (3 anos): 4 solicitudes.
- Non admitidos/as_1ºEP: 1 solicitude.
- Admitidos/as_4ºEP: 1 solicitude.
Contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Apertura do centro: de 10:00 a 13:00.
[08/06/2020] XA ESTÁ DISPOÑIBLE A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. PODE CONSULTARSE NO TABOLEIRO DO CENTRO, xa que a lexislación relativa a protección de datos non permite publicalo na web.
Apertura do centro: de 10:00 a 13:00.
[19/05/2020] O número de solicitudes en 4ºEI é superior ao de prazas ofertadas polo que é necesario baremar.
A presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremación finaliza o 26 de maio.
Apertura do centro exclusivamente para o proceso: de 10:00 a 13:00.
[06/05/2020] Reábrese o proceso de Admisión do alumnado (DOG. do 6 de maio de 2020, páxs. 19132-19135):
1.Novo prazo de presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio, ambos os dous días incluídos.
2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremación: data máxima o 26 de maio.
3. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido: antes do 9 de xuño.
4. Publicación das listaxes definitivas: ata o 26 de xuño.
5. Prazo de formalización de matrícula: do 1 ao 10 de xullo.
6. Apertura do centro exclusivamente para o proceso: de 10:00 a 13:00. Regularase o acceso e as recomendación sanitarias.
[14/03/2020] Suspensión matrícula oposicións e procesos de admisión
[14/03/2020] Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.
4. LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
- Admitidos/as_4ºEI (3 anos): 50 solicitudes.
- Non admitidos/as_4ºEI (3 anos): 4 solicitudes.
- Non admitidos/as_1ºEP: 1 solicitude.
- Admitidos/as_4ºEP: 1 solicitude.
3. LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
- Admitidos/as_4ºEI (3 anos): 50 solicitudes.
- Non admitidos/as_4ºEI (3 anos): 4 solicitudes.
- Non admitidos/as_1ºEP: 1 solicitude.
- Admitidos/as_4ºEP: 1 solicitude.
2. LEXISLACIÓN, DOCUMENTACIÓN E ENLACES
- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- Admisión alumnado (Manual para as familias)
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)
- Anexo I (reserva de praza) [galego] [castelán]
- Anexo II (admisión de alumnado) [galego] [castelán]
1. INFORMACIÓN XERAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2019/2020
- Baremo
- Criterios de desempate
- Resultado do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver desempates
- Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os desempates
- Oferta de postos escolares dispoñibles.
- Area de influencia do CEIP A Solaina
- Buscocole
- Tríptico
- Visita fotográfica ás instalacións do CEIP A Solaina
- Xornadas de portas abertas
- Reservas admitidas no IES As Telleiras (no taboleiro do colexio).
- PRAZO
O prazo de solicitudes de admisión do alumnado de novo ingreso é do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive. Como este último día non é lectivo nos colexios de Narón, o centro permanecerá pechado, polo que se poderá entregar a documentación o luns 23 en horario habitual. Pódese presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar, na aplicación admisionalumnado, asinando e presentando posteriormente ou na Sede electrónica da Xunta (ata o 20 de marzo).
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »