Secretaría

Proceso de admisión de alumnado 2015-2016

A Consellería de  Cultura, Educación e Ordenación universitaria vén de publicar hoxe, mércores, 28 de xaneiro, o Anuncio do inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2015-2016.

  • Enlace á publicación da Consellería.

Neste espazo web publicarase toda a normativa, plazos e todas as novas relativas a este proceso de admisión no noso centro.

Cómpre destacar ata o momento:

  • O alumnado matriculado ten garantida a súa permanencia
  • O alumnado de 6º de educación primaria que vaia continuar os seus estudios de ESO no centro adscrito, IES As Telleiras, presentará no CEIP A Solaina entre o 1 e o 15 de febreiro o Anexo I de reserva de plaza.

                 ANEXO I (castelán)

                 ANEXO I (galego)

  • A reserva, unha vez realizada, ten carácter vinculante, será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa antes de que se inicie o prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Información

  • Os solicitantes das becas para libros de texto poden  recoller os vales ata o venres, 11 de xullo en horario de 10.00h a 13.00h.  De non recollelos nestas datas, poderán realizalo no mes de setembro.
  • O centro permanecerá pechado desde o 14 de xullo ata o 31 de agosto.
  • No período vacacional, para cuestión de índole escolar, dirixirse: 

                 Edificio de XUNTA DE CULTURA E EDUCACIÓN : Servicio de Inspección.  FERROL

                  Pza: Camilo José Cela, s/n 7º PL 15404 Ferrol ( A Coruña)

                 Teléfono: 981 337 073

 

FIN DE CURSO 2013-2014

BOAS VACACIÓNS A TOD@S!

Novas Curso 2014-2015

   Achégase a listaxe dos libros de texto para o curso 2014-2015.

 Descargar aquí.

As clases comezan o mércores, 10 de setembro.

 

 

 

Resultados da Comisión de Escolarización

Resultados da Comisión de Escolarización para o curso 2014-2015.

Descargue aquí.

Axudas para a adquisición de libros de texto

A Consellería de C E e OU publica  no DOG de hoxe ( 30/05/2014) a convocatoria de axudas de  adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2014-2015.

Enlace á convocatoria.

Axudas libros de texto      

Prazo de solicitude : do 2 de xuño ao 2 de xullo (ámbolos dous inclusive).

 

Admisión alumnado 2014-2015

Listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2014-2015:

Según indicacións da Inspección Educativa da Zona  de Narón, infórmase aos interesados que para o vinderio curso 2014-2015  habilitarase unha aula para o alumnado de 3 anos.

Corresponde á Comison de Escolarización  a adxudicación de praza ao alumnado que non acodou praza neste centro.

A data probable será na primeira quincena de xuño.

Novas sobre Proceso de Admisión alumnado

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, infórmase que a demanda de postos escolares resultou superior á oferta. 

Segundo recolle a Orde do 12 de marzo de 2013, ábrese o prazo ( 24 de marzo-3 de abril) para a acreditación da puntuación.

Pode descargar a síntese das diferentes acreditacións.

INFORMACIÓN xeral.

 

Admisión alumnado. Curso 2014-2015

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2014-2015 pode seguirse en Centro-Secretaría.

Prazo de presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo.

Horario recomendado:

  • LUNS: 9.00 a 10:30h
  • MARTES: 16.00 a 19.00h
  • MÉRCORES: 9.00 a 10.00h
  • XOVES E VENRES : 13.00 a 14.00h

Admisión alumnado 2014-2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a ORDE que regula o procedemento de admisón do alumnado.

Enlace ao DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, e á ORDE do 12 de marzo de 2013.

Enlace á páxina da Consellería

 No referido Proxecto cómpre destacar ata o momento:

  • O alumnado matriculado ten garantida a súa permanencia.
  • O alumando de 6º de EP que vaia cursar a ESO no IES As Telleiras  cubrirá o ANEXO I de reserva de praza.
  • A reseva, unha vez realizada, ten carácter vinculante, será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro salvo renuncia expresa antes de que se inice o prazo de presentación de solicitude de admisión.

Documentos e novas

 

Información de interese:

  1. Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña 
  2. Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

NOVA

Resultado do proceso de admisión segundo Resolución do Consello Escolar:

            As listaxes provisionais poden ser obxecto de reclamación perante o Consello Escolar.

 

Nesta web publicaranse as novas relativas a este proceso.

AVISO DE INTERESE

Dende este venres, día 28 de xuño e ata o 5 de xullo, poden recollerse os vales xerados para adquisición de libros de texto.

Horario: 9.00 a 13.00h.

Distribuir contido