Recomendámosche
Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas
Novembro: mes da ciencia en
galego nas bibliotecas.
- FOLLETO INFORMATIVO SOBRE ESTA CELEBRACIÓN.
- MANIFESTO PARA O MES DA CIENCIA EN GALEGO.
- ÁNXELES ALVARIÑO, OCEANÓGRAFA GALEGA.
Charla con Antón Cortizas
Dentro das actividades de biblioteca para a promoción da lectura entre o alumnado, os nenos e nenas de 6º tiveron hoxe unha charla co escritor ferrolán Antón Cortizas Amado.
Previamente, o alumnado buscara por toda a biblioteca a bibliografía deste autor, con libros axeitados ás diferentes idades, lendo e traballando sobre eles.
Na sesión de hoxe dentro da biblioteca, Antón foi sometido a unha batería de preguntas moi variadas relacionadas coa súa tarefa de escritor e tamén co seu traballo como mestre.
Premer na imaxe
LECTURAS RECOMENDADAS DENDE A BIBLIOTECA. SEGUNDO TRIMESTRE
Estas son algunhas das suxestións que o equipo de biblioteca do centro seleccionou para seguir desfrutando da lectura. Esperamos que vos gusten. Recordade que a clasificación por ciclos é totalmente orientativa. Se premedes sobre as portadas dos libros teredes máis información sobre cada un deles: de que van, outros desa colección...
Sería estupendo que as vosas opìnións sobre estes ou outros libros, materiais diversos, funcionamento, organizacion, etc, as depositárades no buzón que hai ao lado de porta de entrada da biblioteca .
BOAS LECTURAS PARA TODAS E TODOS!
Suxestións de lecturas para o Nadal
Un ano máis, o Equipo de biblioteca do CEIP A Solaina, programou unha listaxe de varios libros de lecturas en galego e en castelán, de autores de referencia para o público infantil cos que seguro poderán pasar un bo rato este Nadal.
Aquí vos deixamos o trípticos coas referencias.
Suxerencias de literatura galega
De entre as publicacións en lingua galega que tes ao teu alcance, hoxe suxerímosche catro títulos de literatura infantil e xuvenil que foron seleccionados pola Internationale Jugendbibliothek.
Trátase de:
Ano 2011:
- O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo (Xerais).
- Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto (Kalandraka).
Ano 2012:
- Zimbo de Arturo Abad & Joanna Concejo (OQO editora).
- A viaxe de Olaf Texto e ilustracións de Martín León Barreto (Kalandraka).
Os libros seleccionados este ano, distinguidos co The White Raven, formarán parte dun catálogo en lingua inglesa e expoñeránse na Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia
¡Moi pronto na nosa biblioteca agardando que abras a súas páxinas!