Animación á lectura
Animación á lectura: Pedro Mañas
Organizado polo equipo da Biblioteca, o escritor madrileño Pedro Mañas visitou o noso centro. O alumnado de 4º descubriu a súa obra e coñeceu en persoa os avatares da súa biografía, realizando unha bateria de preguntas ás que o autor respondeu con satisfacción, sobre todo as preguntas relacionadas co libro que tan ben coñece os noso alumnado, Apestoso tío Muffin. Pincha no enlace para ver as fotos do evento.
CHINTO NA SOLAINA
O xoves 5 de abril contamos coa presenza do autor Chinto na Biblioteca do centro. Falounos dos seus últimos libros: Minimaladas e Novas minimaladas. Podes ver no enlace a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta animación á lectura.
Visita da escritora María Canosa
Hoxe, 3 de abril, o alumnado de 6º curso da Solaina puido asistir a unha animación á lectura con María Canosa, escritora e, entre outras cousas, colaboradora do programa Coma un allo. Escoitamos a versión persoal sobre o seu libro Muriel e fixémoslle unha morea de preguntas. Podes ver as imaxes no enlace.
SEMANA DA PRENSA
Do 6 ao 10 de marzo celébrase nos centros educativos galegos a 29º edición da Semana da Prensa na Escola. Na Solaina dámoslle visibilidade uns días máis para que o alumnado e o resto da Comunidade Educativa se familiaricen tanto coa prensa escrita coma a dixital, sempre tendo moi en conta o espírito crítico que se espera do fomento da lectura en forma de prensa, analisando e contextualizando as noticias que van saíndo estes días. Igualmente no hall temos instalado un acceso directo ás distintas formas de prensa.
Fran Alonso visítanos
Seguindo coas visitas programadas de escritores e escritoras galegas á Biblioteca da Solaina e facémonos eco da que protagonizou o creador galego Fran Alonso o 19 de xuño. O alumnado de 2º asistiu a unha animación sobre os libros Poemas birollos para ler cos ollos e O meu gato é un poeta.
Na Biblioteca con David Pérez Iglesias
Hoxe, 10 de maio, visitounos o escritor David Pérez Iglesias. A animación estivo dirixida ao alumnado de 6º, que puido facerlle interensantes preguntas sobre o seu libro, Todo o tempo do mundo, premio Merlín 2016. Preme no enlace se queres ver a reportaxe fotográfica.
Visita de Xelís de Toro
O venres 21 de abril contamos coa presenza do autor Xelís de Toro na Biblioteca do centro. No enlace podes ver a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta nova animación á lectura.
Na Biblioteca con Héctor Lorenzo Piñeiro
Unha nova animación á lectura, desta do músico Héctor Lorenzo Piñeiro, que nos interpretou cancións do seu libro-disco Cousas de papá. Preme no enlace para veres a reportaxe fotográfica cos nenos de 6ºEI,1ºEP e 2ºAEP.
Héctor Cajaraville na Biblioteca
Hoxe, 23 de marzo puidemos asistir á animación á lectura desenvolida polo escritor Héctor Cajaraville. O alumnado de 4º de EP asistiu atentamente á animación relacionada co seu libro Quen dá a quenda? Preme no enlace se queres ver a reportaxe fotográfica.