Ed. física

XORNADA DE VOLEIBOL.

O martes 28 de abril, o equipo de voleibol Narón volea achegouse co seu adestrador e unha dúcia de xogador@s ata o pavillón escolar para compartir unhas sesións de presentación e práctica de este deporte.

Os alumn@s de 6º curso de primaria tiveron a ocasión de coñecer e practicar este deporte coa axuda dos xogador@s do equipo.Practicaron algunhas técnicas en pequenos grupos para achegarse a esta disciplina deportiva que lles ofrece o clube.

Esta actividade estivo organizada polo equipo do Narón volea xunto cos profesores de Educación Física dentro da programación de este área.O obxectivo é que os alumn@s coñezan e practiquen unha modalidade deportiva máis para mellora-la súa condición física e a súa saúde de xeito divertido.

ULTIMATE OU DISCO VOADOR

A práctica  do ULTIMATE  ou DISCO VOADOR que se están a levar a cabo nas clases de Educación Física conta cuns obxectivos, técnicas e  regras de xogo.

                                                                                 Preme na imaxe.

 

TENIS DE MESA. ABRIL 2014

Este venres día 4 de abril,varios monitores do clube de tenis de mesa Narón, fixeron unha demostración de este xogo nas instalacións do pavillón escolar da Solaina. Esta actividade forma parte das programadas ao principio de curso para coñecer outros deportes dentro da área de Educación Física.

Os monitores amosaron as súas habilidades nas mesas preparadas ao efecto. Posteriormente, os propios alumnos-as de 3º e de 6º cursos de primaria tentaron emular aos instructores probando as súas habilidades coa pá e a bóla.

Podedes velos en acción nas seguintes imaxes.

 

                                                                                                     Tenis de mesa. Abril 2014

REGULAMENTO DE MINIBASQUET

                                                             

 

O minibasket é un xogo, baseado no baloncesto, para nenos e nenas que teñan menos de 12 anos.O obxectivo de cada equipo é o de introduci-lo balón no cesto do equipo contrario e evitar que o outro equipo teña o control do balón  ou anote, de acordo coas Regras do Xogo.

                                                  

A PISTA.

O terreo de xogo será unha superficie chá e dura, libre de atrancos, cunhas dimensións de  28 m. de longo e 15 m. de ancho.

                   

LIÑAS DE TIROS LIBRES .

As liñas de tiros libres estarán  marcadas a 4,90 metros de lonxitude, paralela á liña de fondo e co seu bordo máis afastado a 4 metros do taboleiro. 

EQUIPOS.

Cada equipo componse de  8 xogadores, incluíndo ao capitán.

 

TEMPO DE XOGO.

O partido componse de catro períodos de 10 minutos cada un, con descansos de dous minutos entre cada tempo.

REGULAMENTO DO XOGO.

Como se xoga o balón?

No  minibasket, o balón  xógase coas mans.

Pode ser pasado, lanzado ou driblado en calquera dirección dentro dos límites das Regras do Xogo.

Son faltas: correr co balón, darlle co pé intencionadamente ou golpealo co puño.

Tocar accidentalmente  o balón co pé ou  coa  perna  non é falta.

Canastra:  Cando se consigue e o seu valor.

Se consigue unha canastra cando un balón vivo entre pola parte superior do cesto e permanece dentro del ou o atravesa.Unha canastra conseguida dende o terreo de xogo vale 2 puntos e unha canastra de tiro libre,1 punto.

Despois de unha canastra dende o terreo de xogo ou do  último tiro libre convertido os opoñentes reanudarán o xogo cun saque dende calquera lugar da liña de fondo, que fará  nun máximo de cinco segundos.

                                        

 

FALTAS PERSOAIS.

FALTAS

Unha falta é unha infracción das Regras que implica un contacto persoal con un adversario ou un comportamento antideportivo.

TIROS LIBRES

Un tiro libre é un privilexio que se concede a un xogador e que consiste en marcar un punto por tiro á cesta dende unha posición detrás da liña de tiros libres e dentro do semicírculo.

O tiro libre é executado polo xogador ao cal se lle ten cometido a falta.

                                   

                                                      

 

 

ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE.

Xa podes coida-la túa saúde coa alimentación e a actividade física dun xeito máis divertido. Propoñemos unha ligazón onde encontrarás actividades moi divertidas e interesantes para manterte san.

                                             http://www.activilandia.es/

Normas de Bádminton

 Achegamos as normas de bádminton co fin de que poidades practicalas ao longo deste trimestre.

Deportes:                                        BADMINTON.                     Educación Física.

                                                           Regras do xogo.

 

            O xogador que saca decídese botándoo a sortes.

1.    Resultados:

Unha partida gáñaa o mellor dos tres xogos ou sets. É preciso facer  21  puntos para gañar un xogo. Só o xogador que saca pode marcar puntos. Se o outro xogador gaña o intercambio, gaña o dereito a sacar e o contrario perde o saque. O equipo que gaña un xogo ou set o primeiro, gaña o saque para comeza-lo seguinte xogo.

 

 

2.    Servicio:

O principio do xogo, o que saca e o que recibe colócanse nas zonas de servicio á dereita (A) e despois en función do número de puntos do xogador que saca:  se o xogador ten un número de puntos pares (respectivamente impares) colócase nazona de servicio da dereita (respectivamente na zona da esquerda).

      O xogador que saca debe golpea-lo volante por debaixo da súa cintura, coa cabeza da raqueta inclinada hacia abaixo.

      Os dous xogadores deben manterse dentro das súas respectivas zonas de servicio, os pés no chan ata o golpeo do volante. Se o volante  toca a rede, hai falta.

 

3.    Xogo:

Tódolos golpes danse de volea, sen que o volante caia ó chan. Para marcar un punto é preciso provocar unha falta ou fallo no adversario ou que o volante caia na zona de xogo contraria sen que o adversario a toque.

 

4.    Faltas:

-          Si o volante non pasa por riba da rede.

-          Si o volante cae na zona de xogo do adversario.

-          Si o volante toca nun xogador ou éste golpea dúas veces seguidas o volante.

-          Si o volante golpea a calquera persoa ou obxecto externo ó xogo.

-          Si un xogador toca e rede ou os seus soportes. 

NORMAS DO UNIHOCKEY OU FLOORBALL. 4º, 5º e 6º de Primaria.

Aquí tede-las normas do UNIHOCKEY ou FLOORBALL que estamos practicando nas clases de EDUCACIÓN FÍSICA.

                                                Podedes recordalas premendo na imaxe.                                              

                                                                                                                                                                                      

¿Qué llevar en la cantimplora?

El agua es el mejor aliado para reponer la pérdida de líquido tras el ejercicio. Pero no se trata sólo de beber agua durante y después del deporte, se trata de hidratar el cuerpo de manera constante a lo largo de todo el día. El litro y medio de agua se estima la cantidad básica para todas las personas, también para los deportistas. A partir de ahí, durante la práctica del ejercicio, si es posible, conviene beber agua, aunque no se tenga sed, y al término, sin duda.

La opción de bebidas isotónicas tiene su razón como prevención de hipoglucemia (descenso de los niveles de glucosa en sangre) o para compensar electrolitos si el esfuerzo es mayor, más intenso, más duradero o el ambiente es caluroso y húmedo. Puede ser también una alternativa para el día en que el deportista realiza una prueba extraordinaria, pero una vez más, no hay que perder de vista que el deportista es quien practica deporte, no quien usa suplementos para deportistas.

XORNADA DE BALONMÁN

O pasado xoves 13 de xuño tivemos a visita de tres monitores do clube de balonmán de Narón que nos amosaron algunhas técnicas e tácticas de este deporte. Foron distribuidos en grupos por cursos dende 4º ate 6º para face-las prácticas na nova pista polideportiva do pavillón escolar durante uns 50 minutos cada sesión.

Así os alumnos-as poideron coñecer unha actividade deportiva que ate o de agora non podiamos practicar no colexio por falta de instalacións.

Agora xa coñecen os fundamentos do balonmán e poderán seguir practicando tanto no colexio como nos adestramentos do clube balonmán de Narón se o desexan no polideportivo da Gándara. Aquí podedes ver unhas imaxes de esta xornada.

Distribuir contido