3º Ciclo

Afundación: Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló

Este martes, día 20 de xaneiro, o alumnado de 5º A e 5º C e, o mércores, día 21, alumnado de 5º B  realizarán unha saída cultural que terá como obxectivo achegarse á cultura da pintura, en concreto á técnica do gravado.

Afundación de Ferrol acolle a exposición "Múltiple: A arte do gravado de Picasso a Barceló", exposición na que a observación e análise dos cadros expostos permitirá ao alumnado desenvolver este técnica e, dun xeito didáctico e lúdico, aplicala para a realización das súas propias pinturas.

Concurso Escolar de Debuxo "La agricultura familiar"

No Ano Internacional da Agricultura Familiar,  e co obxectivo de concienciar ao alumnado da importancia e da repercusión desta actividade para as familias e para a sociedade en xeral, os 72 alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria participaron no Concurso Escolar de Debuxo "La agricultura familiar" .

De entre todos os debuxos presentados, o realizado pola alumna Carolina Díaz Fernández quedou seleccionado polo xurado entre os 15 mellores, acadando a categoria de finalista.

Noraboa polo logro!

Imaxes do acto celebrado o pasado venres, 14 de novembro, no Liceo Casino de Pontevedra no que Carolina amosa orgullosa o Diploma e debuxo galardoado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Debuxos de alumnado participante: I, II, III, IV.

Saída á Coruña de 5º EP

Este martes, día 28 de outubro, os 72  alumnos e alumnas  de 5º de Educación Primaria desplazáronse  á Coruña na súa primeira saída educativa do curso 2014-2015.

O completo programa de actividades desenvolvido ao longo do día resultou altamente satisfactorio para todos. 

 

Estaca de Bares. Día 18 de xuño

O mércores, día 18 de xuño, o alumnado de 5º viaxou a Estaca de Bares como saída de fin de curso.

Imaxes da xornada.

 

Obradorio de nutrición

Ao longo da segunda quincena do mes de abril, Cristina Ortiz, Licenciada en Ciencias e tecnoloxía dos alimentos, acompañou ao alumando de 6º de educación primaria coa realización de actividades encamiñadas á consecución de hábitos na alimentación dentro do marco do  Proxecto de Alimentación saudable que se desenvolve no noso centro.

 As actividadesw foron diversas e todas elas tiveron como protagonista indiscutible os alimentos e a súa importancia na nosa saúde.

Clicea na imaxe e participarás nesta interesante experiencia.                                                              

Cuenco con legumbres

Saída pictórica de 6º a Ferrol

O alumnado de 6º curso desprazouse en tren a Ferrol o pasado 14 de marzo, co gallo dunha visita guiada á exposición organizada pola Fundación Novacaixagalicia. O evento, titulado «Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936», permitiunos coñecer distintas interpretacións pictóricas e traballar trazos de identificación das distintas correntes iconográficas amosadas na exposición, principalmente naturalistas e realistas. Como remate construímos uns murais por equipos e volvemos de novo na liña férrea dende Ferrol ata o colexio. Despois desta saída podemos dicir que medrou en nós a sensibilidade cara á pintura.

 

h

Riscos das redes sociais

O xoves, 6 de febreiro, tivemos a visita do Inspector de Seguridade Cidadá do CNP da Comisaría de Ferrol-Narón. A charla foi ben interesante para todo o auditorio, composto polo alumnado de 6º. O Inspector falounos de todos os riscos que comporta o uso das redes sociais, as precaucións que temos que seguir e as consecuencias en caso de non facermos caso. Despois desta benéfico diálogo estamos moito máis preparados e preparadas para afrontar os retos da nosa presenza na rede.

Obradoiro de rosquillas: 3º Ciclo.

Este pasado xoves, as a aulas de 6º de EP tiveron unha visita moi agardada. A mestra Loli achegouse ao centro  a facer o que tanto lles agrada aos alumnos e alumnas: Obradoiro de cociña.

O gradecemento de todos pola súa dedicación.

Aquí vos deixamos as súas receitas e unhas imaxes do desenvolvemento do obradorio.

 

Actividades de 6º EP en novembro

O alumnado de 6º de EP mantivo unha intensa actividade no mes de novembro a través de diversas saídas educativas como  a que realizaron á Coruña onde visitaron entre outros lugares a Real Academia Galega, a Casa das Ciencias e a Torre de Hércules.

Por outra banda, este curso tivo o seu propio papel no programa de actividades conxuntas do Magosto celebrado o día 15 no que non faltou a diversión tal e como é habitual nesta tradicional festa.

Distribuir contido