1º Ciclo
Samaín-Magosto_1º EP
O alumnado de 1º, que este curso se iniciou na etapa de Educación Primaria, aplicou os seus coñecementos previos sobre o Samaín e o Magosto ambientando a súa aula coas actividades que podedes ver nas imaxes.
1º Ciclo na Granxa Do Souto
O pasado día 18 de xuño, o alumnado de 1º ciclo achegouse á Granxa do Souto en Mera (Ortigueira) para realizar a tradicional excursión de fin de curso.
Aquí deixamos mostra do divertido e interesante que resultou esta saída.
1º Ciclo en Aldea Nova
O alumnado do 1º Ciclo realizou diversas actividades en Aldea Nova adquirindo novas aprendizaxes en directo.
A implicación dos monitores fixo pòsible que aprender e disfrutar discorriran da man.
1º Ciclo en Aldea Nova.
"Comer ben, comer san"
Este pasado venres, día 8 de marzo, os nenos e nenas de 2º A e 2º B participaron no obradoiro:
" Comer ben, comer san" levado a cabo por cinco alumn@as do IES "San Pedro de Leixa".
Ademais de ampliar os seus coñecementos sobre a alimentación saudable, gozaron en diferentes actividades rematando coa degustación de brochetas de diversas froitas.
Obradoiro 2º EP
O Entroido 2013 no 1º ciclo
Gracias ao gran esforzo que fixeron os nosos titores e a axuda que recibiron dos
nenos e nenas do primerio ciclo na elaboración
dos disfraces, o venres oito de febreiro
mostramos orgullosos o resultado de tanto
traballo.
Mirade que enfermieros/as e doutores/as máis
guapos!
Primavera...
Para rendirlle homenaxe á chegada desta fermosa estación, o alumnado que acude a Audición e Linguaxe nos obsequia con este mural no que a satisfacción polo traballo rematado queda patente na alumna e na mestra.
Animación á lectura no primeiro ciclo de primaria
Durante o primeiro trimestre estamos a levar a cabo actividades de dinamización de lectura cos nenos e nenas do primeiro ciclo en relación cos contos clásicos.
Na actividade de "caixa máxica", un mundo de fantasía e imaxinación se abre a través dos obxectos máis característicos de once contos clásicos que os nenos e nenas teñen que relacionar coa obra correcta, desenvolvendo así destrezas tan importantes como a expresión oral, a memoria, o pensamento asociativo,... e, sobre todo, pasando un bo rato arredor dos libros.
Alumnos de 1º curso de camiñata polo Río Xuvia
O venres, 3 de xuño o alumnado de 1º curso estivemos de paseo polo Río Xuvia acompañados dos monitores de Aldea Nova. Alí aprendimos o nome de diferentes plantas, conseguimos ver patos silvestres, corvos, paxaros carpinteiros...
Ainda que chegamos moi cansos, pasámolo moi ben¡¡¡
É un bo lugar para ir coas nosas familias.