O recuncho dos libros

Tempo de Nadal na biblioteca

A nosa biblioteca faise eco destas datas e por elo, Dona Leo escríbenos unha carta chea de contido que nos vai interesar.

Aquí as cartas para escribir!

Tríptico NADAL 2013. 

IV XORNADAS DE BIBLIOTECA ESCOLARES DE GALICIA

Co fin de ampliar os recursos da biblioteca do noso centro, mellorar a formación dos usuarios, compartir experiencias sobre as bibliotecas escolares... mestras do C.E.I.P A Solaina acudirán esta fin de semana ás IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.

No enlace atópase a información das referidas Xornadas.

Amplo abano de propostas para conmemorar o Día do Libro

 A actividade do colexio estes días tivo un carácter especial. Practicamente todas as iniciativas que levamos a cabo tiñan como denominador común un claro obxectivo: fomentar no alumnado o gusto pola lectura no marco da conmemoración do Día do Libro.

Así, houbo propostas adaptadas ao nivel e destrezas do alumnado, propostas para todos e todas e para todos os gustos.

O alumnado de 3º ciclo demostrou, a través dun percorrido polas aulas, os seus progresos coa lectura lendo en voz alta o coñecido libro "A Illa do Tesouro". Que ben o pasamos e que orgullosos estivemos os mestres vendo o ben que o facían os nosos lectores e o atentos que escoitaban os seus compañeiros!

En educación infantil as lecturas acompañáronse de representacións teatrais con marionetas. E é que hai moitas maneiras de seguir as historias que contan os libros!

A nosa biblioteca, por outra banda, tivo estes días as súas portas máis abertas que nunca.

Dende onte, ademais, acolle a exposición A Historia do Libro, que pode visitar tanto o alumnado como o público xeral ata o 7 de maio en horario de mañá ou de tarde. ¡Animádevos a vir!

Pódense ver aqui as fotos das actividades.

23 de abril: Día Internacional do Libro

Luns, 23 de abril, un día especial para os escritores, os mestres, os amantes da lectura... e para a biblioteca, un deses días marcados no noso calendario.

Ao longo do ano procuramos  que esteades en contacto cos libros. Así, aos rincóns de lectura das clases, únense a nosa ampla biblioteca, con moitos exemplares de obras de referencia de autores tanto consagrados coma noveis que, en moitas ocasións, nos visitan e cos que departimos de libros... e de historias; actividades como Club de lectura A Solaina (para disfrutar dun tempo de ler...), responsables de biblioteca (colaboración no préstamo de libros)...

Podes rendir a túa homenaxe particular aos libros. Tamén podes adicar uns minutiños a buscar, a través da rede, información de por que o 23 de abril é o día do libro ou dos novos soportes para a lectura como os libros electrónicos... Son só algunhas suxestións ás que se unirán as actividades que te agardan durante toda a semana no colexio...

Semana da prensa

Ao longo desta semana do mes de marzo (do 12 ao 16), o alumnado de 6º estivemos a investigar sobre os xornais.

A prensa, como ventana aberta ao mundo, non só contribúe a que estemos informados, senón que nos permite desenvolver un sentido crítico sobre o que acontece ao noso arredor.

Este venres, día 16, o manexo dos xornais, a lectura e escritura de noticias... serviu ao mesmo tempo de práctica e entremento, descubrindo coa elaboración dun xornal as seccións que o forman.

O interese mostrado polo alumnado con esta actividade, queda como mostra nas imaxes.

Esperamos que vos guste!

Sobre Agustín Fernández Paz

Non era preciso buscar un novo motivo para falar sobre o escritor lucense Agustín Fernández Paz. Dende que o pasado curso os alumnos de 6º leran  na clase, e nas súas casas, o seu libro "O único que queda é o amor" - Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil no 2008 -, tiñamos gañas de saber sobre el, mais se presentou sin contar:

- A noticia?

- Un novo premio, o luns, 12 de setembro, en Guadalajara (México), un xurado galardonouno pola su extensa obra narrativa co VII premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil.

O seguinte luns, unha alumna aportou a folla do xornal cunha entrevista feita ao autor e, como agradecemento polo seu labor, pola nosa banda, só podemos ofrecervos estes traballos sobre a súa persoa, e, como non, seguir lendo.

 

"Blog" da biblioteca

Preme aquí para acceder ao "blog" da biblioteca do colexio.

Distribuir contido