Secretaría, Información, Documentación
Renovación Consello Escolar 2021
10. Composición do novo Consello Escolar.
9. Renovación do Consello Escolar 2021_PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS.
8. Renovación do Consello Escolar 2021_Circular informativa.
7. Renovación do Consello Escolar 2021_Candidaturas DEFINITIVAS.
6. Renovación do Consello Escolar 2021_Candidaturas responsables.
5. Renovación do Consello Escolar 2021_Convocatoria responsables.
4. Renovación do Consello Escolar 2021_Circular informativa inicial.
2. Competencias do Consello Escolar segundo a LOMCE / Competencias do Consello Escolar segundo a LOMLOE.
1. Composición actual do Consello Escolar.
0. Calendario.
Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2021/2022
INICIO DO CURSO 2021/2022
1. INCORPORACIÓN DO ALUMNADO
1.1. O XOVES, día 9 de setembro, comeza o curso escolar 2021/2022 coa incorporación do alumnado de educación infantil e de primaria.
2. HORARIO DE ENTRADA E SAÍDA
Entradas:
- O ALUMNADO DE PRIMARIA pode acceder ao recinto desde calquera das tres portas exteriores a partir das 08:45. A subida ás aulas efectuarase seguindo a distribución seguinte:
· Os cursos de 1º e 2ºEP entrarán pola porta situada á beira do comedor e subirá polas escaleira próximas á biblioteca.
· O resto de cursos de primaria entrarán pola porta principal do edificio e subirán polas escaleiras coa seguinte distribución:
§ 3º e 5ºEP, pola escaleiras achegadas á conserxaría.
§ 4º e 6ºEP, pola escaleiras próximas ás aulas de tres anos.
- As familias do alumnado de primaria non poderán acceder ao recinto.
– O ALUMNADO DE INFANTIL entrará ás clases a partir das 09:05.
§ 4ºEI na porta do patio de infantil de 3 anos.
§ 5ºEI, facendo filas na zona esquerda da entrada principal.
§ 6ºEI facendo fila na zona dereita da entrada principal.
O alumnado de infantil debe de estar acompañado dun único adulto por neno/a e non entrarán no recinto ata que toque a sirena ás 09:00. A continuación colocaranse nos espazos asignados á espera de entrar coas titoras.
O uso da máscara é obrigatoria en todos os espazos do colexio, incluído o patio.
Saídas:
- Abriranse as portas do recinto ás 13:35 horas.
- As familias de INFANTIL accederán ao recinto e colocaranse no espazo de entrada habilitado para cada aula. O horario é o seguinte.
- 4ºEI (3 anos), ás 13:45 horas (agás o período de adaptación en setembro).
- 5ºEI (4 anos), ás 13:40 horas.
- 6ºEI (5 anos), ás 13:45 horas.
Unha vez entregados sairán unicamente pola porta principal, Rúa Cardeal Cisneros.
- As familias de PRIMARIA recollerán ao alumnado nas portas exteriores coa seguinte distribución:
· 1º e 2º, ás 13:50 horas pola porta da Rúa Lugo.
· 3º e 4º, ás 13:55 horas pola porta da Rúa Ourense.
· 5º e 6º, ás 14:00 horas pola Rúa Cardeal Cisneros.
O profesorado acompañará ao alumnado ata a saída correspondente.
3. ADAPTACIÓN DE PROTOCOLOS COVID-19
3.1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 NO CEIP A SOLAINA.
3.2. Declaración responsable.
3.3. Enquisa de autoavaliación [Non é preciso remitila ao colexio, é un referente para facer a autoavaliación diaria da sintomatoloxía].
4. COMEDOR, MADRUGADORES E MERENDAS
COMEDOR:
O servizo estará dispoñible desde o mesmo xoves 9. As comunicacións de asistencia ou ausencia faranse exclusivamente por vía telefónica (881930370). Se fose necesario, faranse dúas quendas nas que se repartirán os diferentes niveis da educación infantil e primaria. O alumnado que non estea no interior do comedor (en caso de xa ter rematada a súa quenda ou por estar esperando á mesma), permanecerá no patio interior do centro, no lugar que lle sexa asignado ao seu grupo. Este sistema de quendas irase adaptando en función do número de comensais diarios. A saída levarase a cabo á maneira seguida no curso anterior (de acordo ás necesidades das familias) e ata as 15:55. Vai ser obrigatorio polo menos un uso mensual para a permanencia na listaxe.
MADRUGADORES:
Este ano a ANPA volve a poñer en funcionamento o servizo de madrugadores desde o primeiro día lectivo. Pódense consultar as condicións en http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasolaina/?q=system/files/CIRCULAR%20WEB%20INFORMACION%2
MERENDAS:
O alumnado deberá traer a merenda de media mañá da casa, axustándose as recomendacións que se darán na circular de inicio de curso.
5. CAMIÑOS SEGUROS:
Continuamos cos Camiños seguros na etapa de Primaria, incluído o chequeo da pulseira. O alumnado de Infantil non vai pasar a pulseira para evita o colapso das entradas.
6. INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS POR NIVEIS:
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/22
Ata o día 22 de xuño pódense presentar as solicitudes do Fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
A axuda para material será dende 1º de E.Primaria ata 4º de ESO.
As solicitudes poden entregarse na secretaría do centro polas MAÑÁS 10:00-11:30 E 12:30-13:30 e as TARDES DO MARTES: 16:00-18:00 (SEN CITA PREVIA).
Tamén se poden tramitar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
INFORMACIÓN XERAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
- HORARIO DE REXISTRO: MAÑÁS 09:00-14:00, TARDES DO MARTES: 16:00-18:00.
- INFORMACIÓN SOBRE PRAZO E DOCUMENTACIÓN:
- Baremo.
- CRITERIO DO CENTRO NA BAREMACIÓN: "NO SUPOSTO DE NON SER ADMITIDO/A NO CENTRO, SOLICITAR EN PRIMEIRO LUGAR UN CENTRO DE TITULARIDADE PÚBLICA (1 punto)", segundo acordo aprobado en Consello Escolar Ordinario do 26 de xaneiro de 2021. O acordo tómase para favorecer a matrícula nos centros de titularidade pública. A acreditación farase de oficio polo propio centro, sendo o documento acreditativo as solicitudes de admisión, anexo II da Orde.
- Como calcular o IPREM.
- Criterios de desempate.
- Anuncio do sorteo público anual do número para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2024/2025.
- Resultado do sorteo público anual do número para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2024/2025.
- Oferta de postos escolares dispoñibles:
- Area de influencia do CEIP A Solaina
PORTAS ABERTAS
LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO [** de maio]
- Admitidos/as:
- Non admitidos/as.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO [** de abril]
- Admitidos/as:
- Non admitidos/as.
LEXISLACIÓN, DOCUMENTACIÓN E ENLACES
- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- Procedemento
- Admisión alumnado (Manual para as familias)
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro [derrogado]
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)
- Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG)
- Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG)
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.
- Anexo I (reserva de praza) [galego] [castelán]
- Anexo II (admisión de alumnado) [galego] [castelán]
- Anexo_III-1 (impreso de matrícula) [galego] [castelán].
- PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: documentación a presentar, solicitude_galego, solicitude_castelán.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »