Incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 | Organización/horarios incorporación gradual alumnado (10 e 11 de setembro) | Plan de adaptación para o alumnado de 4º de Educación Infantil |
3/09/2020 |
Estimadas familias.
Tendo en conta a situación epidemiolóxica actual recomendamos que, os que poidades, asistades á reunión por vídeo conferencia a través de cisco webex meetings. Pregamos que ó acceder á mesma, desconectedes a cámara e o micro, para non saturar a conexión en caso de que se conecte moita xente á vez.
Podedes facer preguntas a través da función de chat da propia aplicación, que serán contestadas, na medida do posible, ó final de cada reunión.
Ligazón: https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m31287088c79f7de77b1a60d9cc9e53bb
Contrasinal: NPsb7PU8mB5
2/09/2020 |
Estimadas familias.
O martes 8 de setembro explicaremos as medidas adoptadas polo centro para a adaptación ó escenario COVID-19. Só pode acudir unha persoa por familia.
Lugar: Patio do CEIP As Mercedes.
Entrada: Porta lateral.
Saída: Porta principal.
Horario
-
HORA
GRUPOS
16:00
Educación Infantil
17:00
1º EP e 5º EP
18:00
2º EP e 6º EP
19:00
3º EP e 4º EP
Un saúdo.